Lontra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lig. int.
Liña 28:
Xeralmente a lontra ten hábitos nocturnos, durmindo de día na marxe do río e espertando de noite para buscar alimento. Os grupos sociais están formados polas [[femia]]s e as súas crías. Os [[macho]]s non viven en grupos e só se xuntan ás femias na época de procreación. O [[período de xestación]] da lontra é de preto de 2 [[mes]]es e ao fin nacen de 1 a 5 crías.
 
A lontra adulta mide de 55 a 120 [[centímetro]]s de [[lonxitude]] (incluíndo a cauda) e pesa ata 15 [[quilo]]s. Aínda que a súa carne non sexa comercializada, a lontra forma parte da [[especies ameazadas|lista de animais ameazados de extinción]] principalmente polo alto valor da súa pel e pola depredación dos [[ecosistema]]s aos que a lontra está adaptada.
 
Ese animal posúe unha pelaxe con dúas capas, unha externa [[impermeábel]] e outra interna usada para o [[illamento térmico]]. O corpo á súa vez é [[hidrodinámica|hidrodinámico]], preparado para nadar a alta velocidade. De vista reducida, pecha os oídos e o nariz cando se mergulla, polo que confía todo o seu potencial de pesca aos [[bigote]]s, que lle permiten detectar pequenas vibracións da auga en condicións difíciles.