Sicilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 75:
=== Reino de Sicilia ===
[[Ficheiro:Bandiera del Regno di Sicilia 4.svg|miniatura|esquerda|170px|Bandeira do Reino de Sicilia.]]
A diversidade cultural e a tolerancia relixiosa caracterizaron o período musulmán. Unha familia de [[Normandía|normandos]] (os fillos de Tancredo de Hauteville) conquistou as terras de Italia meridional, o [[Papa]] encargoulle ao máis novo, Roxelio, invadir Sicilia para que volvese ao catolicismo (estaba ocupada por [[Imperio Bizantino|bizantinos]] e [[Árabe|sarracenos]]), e acorda a soberanía sobre as terras a conquistar. Isto lévao a cabo entre [[1060]]-[[1090]]. Máis tarde o neto de Roxelio converteu o territorio da illa en reino no [[1130]], nacendo o [[Reino de Sicilia]]. Roxelio II, admirador da cultura musulmá, realizou unha política de tolerancia. Así pois o trono pasou, por herdanza, á dinastía xermánica dos [[Hohenstaufen]] que gobernaron a rexión a partir de [[1194]] e adoptaron [[Palermo]] como capital en [[1220]]. Medio século despois, conflitos entre os Hohenstaufen e o [[Papa]] provocaron á morte de [[Manfredo de Sicilia]] en [[1266]], o que derivou na conquista da illa por [[Carlos I de Anjou|Carlos I]], conde de Anjou, derrotando a Conradino en [[1268]], os partidarios da dinastía derrotada refúxianse no [[reino de Aragón]].
[[Ficheiro:Roger II. Sicilsky.jpg|miniatura|Roxelio II de Sicilia.]]
O [[30 de marzo]] de [[1282]], o día de [[Pascua cristiá|Pascua]], nas Vésperas Sicilianas, provocadas polas taxas excesivas e explotada por [[Pedro III de Aragón]], provocan o masacre dos franceses de Sicilia e a chegada dunha frota aragonesa á illa o [[30 de agosto]], dirixida polo propio [[Pedro III de Aragón|Pedro III]]. Aclamado polo [[Parlamento de Sicilia]] como rei de Sicilia, Carlos tivo que abandonar a illa. En [[1285]] sucede a Pedro como rei de Sicilia o seu fillo [[Xaime II de Aragón|Xaime]], tanto Pedro como Xaime nomearon sicilianos nos cargos da illa cunha pequena minoría aragonesa en postos de responsabilidade pública, reduciron a presión fiscal e os comerciantes barceloneses aumentaron a súa influencia na illa.