A Chousa Nova: Diferenzas entre revisións

túmulo megalítico en Abades, Silleda
Contido eliminado Contido engadido
Nemigo (conversa | contribucións)
artigo inicial
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2012 ás 22:24

Coordenadas: 42°45′24.45″N 8°17′33.90″O / 42.7567917, -8.2927500

[[|miniatura|dereita|300px|A Chousa Nova, reconstruida.]]
A Chousa Nova ou Chousa Nova 1 (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo megalítico atopado e excavado durante as obras na liña do AVE Ourense-Santiago ao seu paso por Silleda na parroquia de Abades. A cámara interior do dolmen non fora expoliada, estaba intacta e chegara ata os nosos días co axuar funerario. Foi o primeiro dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. A datación por carbono catorce deu para Chousa Nova unha datación que o facía o dolmen máis antigo da Galiza.[1]

Historia

As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros na Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación. A escavación foi dirixida por María José Bóveda do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio das obras do AVE. As probas de C-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, mil anos máis antigas que o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños ou Forno dos Mouros en Toques.

O enterramento

Chousa Nova ten tres estadíos. O primeiro corresponde a unha serie de gabias baixo o monumento e de función descoñecida. A gabia perimetral actual está a uns 8 metros ao redor do túmulo e é similar á de Dombate ou á de outros monumentos megalíticos británicos.

A excavación

Ao retirar as pedras da coiraza atopáronse variedades cromáticas con terras de diferentes cores. As terras foran dispostas de xeito intencionado como tentando xuntar a súa obra ca natureza. O túmulo ten dúas fases de construción: A edificación do propio monumento (ca capa á vista) e a outra foi a ampliación do perímetro do monumento e soterrado de todo o monumento. A cámara está formada por cinco lousas graníticas. A capa da cámara era unha grande lousa con grande cantidade de mica e moi brilante e de case tres toneladas de peso.[2] Estaba crebada en tres anacos, un deles achado na mesma posición de cando romperan e os outros dous dentro da cámara. No interior do monumento atopáronse os obxectos do enxoval de vai seis mil anos. Un colar con 35 contas algunhas de ambar posiblemente dunha veta de Zamora, semellando estar sobre un peito humano. É o segundo colar atopado in situ na Europa. Unha eixada posta próxima á cabeza, preto da man un cincel e un gastado afiador baixo os pes. A eixada e o cincel estaban novos, son interpretados como un símbolo de luxo e posición social.

A reconstrucción

Tras a escavación o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso tunel sobre o que se reconstruiu Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Sarria. A reconstrución foi supervisada no mesmo emplazamento por Patrimonio. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa alonxándoo e os postes eléctricos. O espacio está valado, sinalizado e musealizado. Libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, a escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construido. A lousa da capa foi pegada e está á vista e unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Na zona hai dous túmulos máis sen escavar.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas