Bacteria gramnegativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
Unha das razóns da gravidade dalgunhas infeccións por bacterias Gram-negativas é a súa membrana externa. A parte externa desta membrana presenta un complexo de [[lipopolisacárido]]s cuxa porción lipídica actúa como unha [[endotoxina]]. Se a endotoxina entra no [[sistema circulatorio]], causa unha reacción tóxica, e o paciente presenta febre, aumenta o seu ritmo respiratorio, e diminúe a súa presión arterial. Isto pode producir un shock endotóxico, que pode ser mortal.
 
Esta membrana externa protexe á bacteria de varios [[antibiótico]]s, tinguiduras e [[deterxente]]s que normalmente danarían a capa de peptidoglicano. A membrana externa proporciona a estas bacterias resistencia ao [[lisocima]] e á [[penicilina]]. Porén, hai tratamentos médicos alternativos como lisocima con [[EDTA]] e o antibiótico [[ampicilina]], que atacan a membrana externa protectora dalgunhas destas bacterias. Outros fármacos usados son principalmente o [[cloranfenicol]], [[estreptomicina]], e [[ácido nalidíxico]].
 
== Notas ==