Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ckb:پیانۆ; cambios estética
better file of the same image (scaled down version will be deleted soon)
Liña 31:
 
O apoxeo da fabricación de pianos tivo lugar a finais do [[século XVIII]] na escola de [[Viena]], que incluíu a fabricantes como o mencionado Johann Andreas Stein (que traballou en [[Augsburgo - Augsburg|Augsburgo]], [[Alemaña]]) e os vieneses [[Nannette Streicher]] (filla de Stein) e [[Anton Walter]]. Os pianos de estilo vienés foron construidos con marcos de madeira, dúas cordas para cada nota e mazos cubertos de coiro. Algúns destos pianos de estilo vienés tiñan un colorido oposto ao dos pianos modernos: as teclas naturais eran negras e as accidentais brancas. [[Wolfgang Amadeus Mozart]] compuxo os seus concertos e sonatas para eles e incluso fabricáronse réplicas para o seu uso en interpretacións de música antiga. Os pianos da época de Mozart tiñan un ton máis suave e claro que os pianos modernos ou os pianos ingleses, con potencia mantida. O termo ''pianoforte'' utilíza a cotío para distinguir os pianos do século XVIII dos pianos posteriores.
[[Ficheiro:AntonWalter1810FortepianoAntonWalter.jpgJPG|miniatura|225px|Piano fabricado por [[Anton Walter]] en 1810]]
Entre os anos [[1760]] e [[1830]] a fabricación de pianos tivo unha gran expansión e sufríu grandes modificacións. Esta revolución foi unha resposta á preferencia dos compositores e pianistas por ter un piano cun son máis poderoso e sostido, e foi posible grazas aos avances tecnolóxicos xurdidos a partir da [[Revolución industrial]], que estaba comezando. Algúns destes avances foron a alta calidade do aceiro das cordas, chamado específicamente corda de piano, así como a precisión da fundición para a produción de ferro fundido. Co tempo, a gama tonal do piano tamén foi en aumento e pasou das cinco octavas da época de Mozart ás sete octavas e un tercio ou máis dos pianos modernos.