Lingua finesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: lez:Финн чӀал
lgz externa
Liña 32:
 
== [[Ortografía]] e [[fonoloxía]]: [[harmonización]] ==
Debido á súa retrasadatardía [[normativización]] e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias [[etimoloxía|etimolóxicas]], senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito [[vogal|vogais]] e trece [[consoante]]s, o que a coloca entre as linguas europeas con menos [[fonema]]s. As vogais palatais son ''i, e'', ''a, ä'' da zona central e ''o, ö, u, y'' pola rama [[velar]]. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non [[labialización|labializado]] (''a, o, u'') fronte a outro elemento redondeado (''ä, ö, y''). Isto adoita influír no tipo de [[sufixo]]s que se lle aplican a cadansúa [[raíz]], pois habitualmente os sufixos teñen dous [[alófono]]s segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo ''a, o, u'', o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle [[harmonización]]. Por exemplo, o sufixo ''-lainen / -läinen'' aplícase para crear [[xentilicio]]s, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:
* cando se aplica á palabra ''Suomi'', '[[Finlandia]]', resulta ''suomalainen'', 'finlandés';
* cando se aplica á palabra ''meri'', [[mar]], dá ''meriläinen'', 'mariñeiro';
Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas [[románica]]s ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de ''b'' (só ''v'') ou de ''f'' (agás [[empréstito]]s).
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://sys.uvigo.es/ldm/Fines/Inicio Introdución á lingua finesa], na web ''Linguas do mundo e tipoloxía lingüística'', da [[Universidade de Vigo]].
 
 
{{LinguasUE}}