Microscopio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Lente (óptica)
Liña 3:
O '''microscopio''' (das palabras gregas ''micro''-, μικρο, pequeno, e ''scopio'', σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como as [[célula]]s.
 
O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi o [[microscopio óptico]]. Trátase dun [[instrumento óptico]] que contén unha ou varias [[Lente (óptica)|lente]]s que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por [[refracción]].
 
A [[ciencia]] que investiga os obxectos pequenos empregando este instrumento recibe o nome de [[microscopía]].
Liña 9:
Crese que o microscopio foi inventado en [[1590]] por [[Hans Janssen]] e o seu pai Zacharias, dous [[Países Baixos|holandeses]] fabricantes de [[óculo]]s. Todo indica, porén, que o primeiro en facer observacións microscópicas de materiais biolóxicos foi o holandés [[Antoni van Leeuwenhoek]] ([[1632]] - [[1723]]).
 
Os microscopios de Leeuwenhoek estaban dotados dunha única [[Lente (óptica)|lente]], pequena e case esférica. Neses aparellos el observou polo miúdo diversos tipos de material biolóxico, como [[embrión|embrións]] de [[plantas]], os [[eritrocito|glóbulos vermellos]] do [[sangue]] e os [[espermatozoides]] presentes no [[seme]] dos [[animal|animais]]. Foi tamén Leeuwenhoek quen descubriu a existencia dos [[microbio]]s, como eran antigamente chamados os seres microscópicos, hoxe coñecidos como [[microorganismo]]s.
 
[[Categoría:Óptica]]