Rainer Maria Rilke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎Traxectoria: Munich> Múnic
Liña 6:
'''René Karl Wilhelm Johann Josef Maria Rilke''' naceu en [[Praga - Praha|Praga]], onde pasou a infancia e a adolescencia. Era fillo do oficial ferroviario '''Josef Rilke''' (1838-1906) e de '''Sophie Entz''' (1851-1931), procedente dunha familia de industriais de Praga de orixe xudea, pero convertida ao cristianismo para eludir o [[antisemitismo]]. O matrimonio separouse en [[1884]] ao marchar Sophie á corte de [[Viena]] tratando facer valer as súas pretensións nobiliarias. A relación entre a nai e o seu único fillo foi problemática, pois Sophie non puidera superar a morte prematura da súa primeira filla, e obrigou a René (en francés, "renacido") a vestir con roupas de nena até os cinco anos.
 
René ingresou en [[1886]] na Escuela Militar secundaria de [[Sankt Pölten]],obrigado polo seu pai, e abandonouna en [[1891]] por problemas de saúde. Máis tarde denominouna "abecedario de horrores". Entre [[1892]] e [[1895]] preparou o exame de ingreso na Universidade. En 1895 e 1896 estudou literatura, historia da arte e filosofía en Praga e despois en [[MunichMúnic]]. Tras abandonar Praga, Rilke mudou o seu primeiro nome de René a Rainer.
 
En [[1894]] publicou o seu primeiro libro de poemas, ''Leben und Lieder'', moi influenciado pola poesía de [[Heinrich Heine]]. En 1895 publicou ''Larenopfer'' e en 1896 ''Traumgekrönt''.
 
[[Ficheiro:Salome1914.jpg|miniatura|riht|130px|[[Lou Andreas-Salomé]].]]
En 1897 coñeceu en MunichMúnic a [[Lou Andreas-Salomé]] (1861-1937), antiga coñecida de [[Friedrich Nietzsche]], casada e catorce anos maior ca el, coa que mantivo unha relación até [[1899]], e seguiu sendo a súa principal confidente até a súa morte. A través dela, que foi alumna de [[Sigmund Freud]] en [[1912]] e [[1913]], Rilke coñeceu a [[psicanálise]].
 
En [[1898]] Rilke viaxou durante varias semanas por [[Italia]]. En [[1899]] viaxou a [[Rusia]], e en [[Moscova]] coñeceu a [[Lev Tolstoi]]. Entre maio e agosto de [[1900]] regresou a Rusia xunto a Lou Andreas-Salomé, visitando Moscova e [[San Petersburgo]]. Nesa época escribiu ''Das Stundenbuch'', publicado en [[1905]].
Liña 27:
En novembro de 1912 Rilke viaxou a [[España]], visitando [[Toledo]], [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Sevilla]] e estando dous meses en [[Ronda, Málaga|Ronda]], onde traballou na Sexta das ''Duineser Elegien''.
 
O inicio da [[Primeira Guerra Mundial]] sorprendeuno en Alemaña. Non puido regresar a París, onde as súas propiedades foron confiscadas e subhastadas por ser súbdito dun país inimigo. Pasou a maior parte da guerra en MunichMúnic. Entre 1914 e 1916 mantivo un turbulento romance coa pintora [[Lou Albert-Lasard]].
 
A comezos de [[1916]] foi chamado a filas, e viuse obrigado a incorporarse ao exército [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] en [[Viena]]. Amigos influentes intercederon por el e o 9 de xuño dese mesmo ano foi dispensado do servizo militar. Regresou a MunichMúnic, onde permaneceu até o final do conflito, cunha breve estancia en [[Bieren]] ([[Westfalia]]) en casa de Hertha König. A traumática experiencia do servizo militar, que lle lembrou a época de formación na Escola Militar de Sankt Pölten, estivo a piques de acabar coa súa carreira como poeta.
 
[[Ficheiro:GrabRilke.JPG|miniatura|dereita|200px|Tumba de ''Rilke'' no camposanto de [[Raron]] ([[Suíza]]).]]
O [[11 de xuño]] de [[1919]] Rilke viaxou desde MunichMúnic a Suíza. En principio tiña unha invitación para dar unha conferencia en [[Zurich]], pero aproveitou para quedar, escapando do caos da posguerra e continuar traballando nas ''Duineser Elegien''. Resultoulle difícil encontrar un lugar adecuado onde instalarse, e residiu sucesivamente en varias localidades, como [[Soglio]], [[Locarno]] e [[Berg am Irchel]]. No verán de [[1921]] fixou a súa residencia permanente no [[castelo de Muzot]], preto de [[Sierre]], en [[Valais]]. En maio de [[1922]] o seu protector [[Werner Reinhart]] ([[1884]]-[[1951]]), comprou o edificio para evitarlle o pago do aluguer.
 
En febreiro de 1922, nun período intensamente creativo completou as ''Duineser Elegien'' nunhas semanas. Antes e despois diso traballou en ''Die Sonette an Orpheus''. A partir de [[1923]] tivo que afrontar un serio problema de saúde, cunha prolongada estancia nos sanatorios de [[Schöneck]] e [[Val-Mont]]. Entre xaneiro e agosto de [[1925]] estivo en París, considerando que un cambio de residencia e de hábitos podería ser beneficioso para a súa saúde. A pesar da doenza, escribiu numerosos poemas entre 1923 e 1926, amais dunha extensa obra lírica en francés. Nesta época tivo unha relación coa artista ''Baladine'' ([[Elisabeth Dorothea Spiro]]), nai do pintor ''[[Balthus]]'' (Balthasar Klossowski).