Igrok: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: es:El jugador (Fiódor Dostoievski); cambios estética
Liña 28:
A obra reflicte a propia [[ludopatía|adición]] de Dostoievski ao xogo nos [[casino]]s durante a súa estancia en [[Wiesbaden]], presentada como a cidade ficticia de Roulettenbourg, e o seu amor apaixonado por Polina. A obra foi escrita tres anos despois dos acontecementos narrados, baixo ameaza do seu editor baixo a ameaza do cumprimento dun prazo para que pagase unhas débedas de xogo. O autor ditou a novela á taquígrafa Anna Grigorievna Snitkina, que meses despois se converteu na súa segunda esposa.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
Alexei Ivanóvich é o titor dos nenos dunha familia rusa que vive nunha suite dun hotel da cidade alemá de [[Wiesbaden|Roulettenbourg]]. O patriarca da familia, o Xeneral, está en débeda co francés De Grieux e hipotecou as súas propiedades en [[Rusia]], pero isto só lle acada para pagar unha pequena parte da débeda. Cando descobre que a súa rica e anciá tía está enferma, comeza a mandar [[telegrama]]s a [[Moscova]], agardando con ansiedade a nova do seu falecemento, pois agarda poder pagar coa herdanza as débedas e conseguir a man de Madamoiselle De Cominges.
Liña 48:
A obra remata cun [[final aberto]]. Alexéi marcha a casa soñando con ir a Suíza ao día seguinte. É consciente de que se vai ao casino é moi probable que perda os cartos, pero sabe que algún día logrou moitos cartos, e que pode repetirse a xogada.
 
== Narración ==
A obra está escrita en [[primeira persoa]], e desenvólvese na cidade de [[Wiesbaden]] na década de 1860, pouco antes de ser anexionada por [[Prusia]]. Parte da acción discorre tamén en [[París]].
 
Aínda que a lingua principal da narración é o ruso, hai numerosas frases e palabras en [[lingua francesa|francés]], [[lingua alemá|alemán]] e [[lingua polaca|polaco]], como mostra do cosmopolitismo da cidade nese momento.
 
== Adaptacións ==
[[Serguéi Prokófiev]] fixo unha [[ópera]] baseada no libro. Foi levada ao cinema en diversas ocasións: por [[León Klimovsky]] en 1947, [[Claude Autant-Lara]] en 1958, e por [[Sebastian Bieniek]] en 2007. Ademais, hai dúas películas que tratan do proceso de escritura da novela por parte do escritor ruso: unha de 1997 de [[Károly Makk]], e outra de 2007 de [[Giuliano Montaldo]].
 
Liña 66:
[[de:Der Spieler]]
[[en:The Gambler (novel)]]
[[es:El jugador (Fiódor Dostoievski)]]
[[fa:قمارباز (رمان)]]
[[fi:Pelurit]]