Casa dos Toubes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Ligazóns
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''casa dos Toubes''' é un [[pazo]] na parroquia de [[Osmo, Cenlle|San Miguel de Osmo]]; atópase illada e foi obxecto de moitas reformas posteriores á súa construción. Tamén coñecida como a '''Casa de Outeiro'''.
 
Aparece no mapa topográfico 1:50.000 do I.G. e C. na folla nº 187.
 
O seu emprazamento é privilexiado aproveitando o terro quebrado do [[val do avia]] na parte alta da aba do monte que domina as viñas.
 
A casa atópase moi cambiada polas reformas realizadas ao longo do tempo. Conserva nembargantes elementos testemuña da súa pasada grandeza.
 
Posúe planta rectangular con patio posterior ó redor do cal se xuntan as dependencias agrícolas: un [[alpendre]] de grandes dimensións sostido por piares poligonais e o [[hórreo|cabaceiro]].
 
A súa fábrica é de [[perpiaño]] rico e ben labrado e presenta dúas plantas. A fachada principal oriéntase a ao poñente, ten as dúas plantas divididas por unha [[imposta]] e todo o seu [[lenzo (arquitectura)|lenzo]] rematado por unha [[cornixa]] moldurada.

Na planta principal ábresen catro portas de aire con [[balaustrada]] de ferro e no centro, entre as xanelas, unha pedra de armas timbrada con [[helmo]] e [[cimeira]] e [[lambrequín]]s moi decorativos. No piso baixo ábrese unha gran porta alintelada cunha pequena [[ménsula]] decorada cunha cruz sobre o seu [[lintel]]. A fachada sur posúe as mesmas características.
 
A cuberta, a catro augas, leva tellado de tella e destaca unha cheminea de corte transversal trapezoidal con remates apiramidados con bola.
 
Esta casa foi coñecida como '''Casa do Outeiro''' e foi propiedade dos Toubes. No '''''[[Catastro da Enseada'''''Ensenada]], don Félix de Toubes y Somoza posúe ''"una casa que auita de un alto con su cozina, caualleriza y bodega terrena en el lugar de Outeiro"''
 
[[Category:Cenlle]]