George Orwell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: co:George Orwell
Liña 26:
 
== Traxectoria ==
Naceu en Motihari, [[Bihar]], [[India]], en 1903, e estudou no Eton College de [[Inglaterra]] grazas a unha bolsa de estudos. En decembro de 1921 ingresa nunha academia de Southwold en [[Suffolk]] para prerapar o seu ingreso na policía. Prestou os seus servizos na Policía Imperial India destinado en [[Birmania]], de 1922 a 1927, data en que voltouvolveu a Inglaterra.
 
Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, viviu varios anos na pobreza, primeiro en París e máis tarde en [[Londres]]. Como resultado desta experiencia escribiu o seu primeiro libro ''Down and Out in Paris and London'' (1933), onde relata as sórdidas condicións de vida das xentes sen fogar. ''Burmese Days'' (1934), un feroz ataque contra o [[imperialismo]], é tamén en gran medida unha obra autobiográfica. A súa seguinte novela, ''A Clergyman's Daughter'' (1935), conta a historia dunha solteirona infeliz que atopa de xeito efémero a súa liberación vivindo entre os labregos.