Fernando Torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mzn:فرناندو تورس
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 81:
Foi convocado para a [[Eurocopa 2008]]. Marcou dous goles na fase de clasificación e outros dous na Eurocopa, un deles o único tanto da final contra [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña]] (1-0), dando a España a segunda Eurocopa da súa historia.
 
O [[28 de marzo]] de [[2009]] disputou ante [[Selección de fútbol de Turquía|Turquía]] o seu encontro número sesenta coa selección (durante a fase de clasificación para o [[Mundial de 2010]]) converténdose no futbolista máis novo en lograr este fito. Aínda que as lesións marcaron a tempada impedíndolle disputar un considerable número de encontros clasificatorios, anotou nun amigable ante [[Selección de fútbol de Chile|Chile]] tras substituír a [[David Villa|Villa]] na segunda metade. No verán [[Vicente del Bosque]] convocouno para disputar a [[Copa dasConfederacións da FIFA|Copa Confederacións]]. Durante a disputa desta competición anotou o seu segundo hat-trick con España ante o [[Selección de fútbol de Nova Zelandia|combinado neozelandés]]; o hat-trick máis rápido da historia da selección. Tamén disputou o encontro de semifinais ante [[Selección de fútbol dos Estados Unidos|Estados Unidos]] -no que o combinado nacional foi derrotado (2-0)-, así como o encontro ante [[Selección de fútbol de Sudáfrica|Sudáfrica]] -no que os españois impuxéronse (3-2) no tempo de desconto.
 
En [[2010]] volveu ser convocado por [[Vicente del Bosque]] para disputar o [[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010|Mundial de Sudáfrica]]. O [[11 de xullo]] de [[2010]] proclamouse campión da [[Copa Mundial de Fútbol]] coa [[Selección de fútbol de España|selección española]] en [[Sudáfrica]].