Pasaporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 79:
Os estados membros da [[Unión Europea]] son, talvez, o exemplo mais coñecido de países que contan cun formato común a todos os seus pasaportes. Os pasaportes europeos dos cidadáns comúns son vermello borgoña, coas palavras '''Unión Europea''' escritas (na lingua ou linguas oficiais nacionais) na capa, abaixo do que está o nome oficial do país, e o escudo nacional. A palabra pasaporte nas respectivas lingua ou linguas encontrase na parte inferior.
 
Na [[América Central]] os membros do [[CA-4]], tratado que ten [[Guatemala]], [[El Salvador]], [[Honduras]], e [[Nicaragua]] coma membros, adoptaron o mesmo modelo de pasaporte, tamén chamado de '''Pasaporte da América Central'''. O proxecto ten súa estrutura baseada no documento xa utilizado por Nicaragua e El Salvador desde a década dos noventa, e converteuse no padrón definitivo do bloco a partir de xaneiro do ano de 2006. Os seus principais elementos son a súa capa azul mariño coas palabras "América Central" e o mapa do continente có territorio do país emisor destacado en dourado. Iso substitúe os selos dos diferentes países cun só elemento, o [[mapa]]. Na extremidade inferior figuran o nome do país emisor e o tipo do pasaporte. Presenta as súas informacións en español, francés e inglés. O novo pasaporte inclúe oitenta e nove medidas de seguranza, entre elas código de barras bidimensional, [[holograma]]s e [[marca de augq|marcas de auga]], sendo este pasaporte un dos máis seguros do [[Terra|mundo]].
 
A Comunidade Caribeña ([[CARICOM]]) recentemente iniciou a emisión de pasaportes comúns, presentando o [[símbolo]] do CARICOM xuntamente aos selos e nomes oficiais dos estados membros mostrados no seu idioma oficial, a saber: inglés, neerlandés ou francés. O primeiro membro do bloco a emitir o pasaporte do CARICOM foi o [[Suriname]], a ser seguido por [[São Vicente e Granadinas]], [[Güiana]], [[Antigua e Barbuda]] e outros países.
 
A [[Declaración de Cuzco|declaración adoptada]] en [[Cuzco]], [[Perú]], resultando na [[Unión de Nacións Sudamericanas]], incluía un intento para o estabelecemento dun pasaporte común, mas iso parece ser algo aínda distante de súa concretización. Algúns membros dos blocos sub-rexionais coma o [[Mercosur]] e a [[Comunidade Andina de Nacións]] emiten pasaportes ós seus nomes e selo oficiais e máis o nome do grupo, por exemplo [[Paraguai]] e [[Ecuador]]. Os países da Comunidade Andina confeccionarán a partir de 2005 os seus pasaportes có nome do bloco rexional en español.
 
== Restricións gobernamentais e casos especiais ==
A maioría dos países recoñece os pasaportes de case todas as nacións, pero hai un número de excepcións. Xeralmente esas excepcións acontecen cando un país non recoñece un territorio coma estado soberano. Algúns países tamén declinan pasaportes que non ofrecen ao portador o dereito de vivir no país emisor.