Karl Christian Friedrich Krause: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m →‎Traxectoria: Universo
Liña 11:
As súas obras fundamentais son as ''Vorlesungen über dás System der Philosophie'' (1828), que conteñen a metafísica, e o ''Urbild der Menschheit'' (1811), ademais de escritos masónicos.
 
A idea pola que é máis coñecido é a do [[panenteísmo]], termo que inventou para eludir as acusacións de [[panteísmo]] que se lle facían ao seu pensamento na Universidade de Gotinga. O panenteísmo consiste nunha estrutura metafísica que pretende conxugar a [[inmanencia]] e a [[transcendencia]] de [[Deus]] sobre o [[Universo|mundo]]. En teoría social destaca por defender a autonomía das distintas esferas do humano, como a ciencia e a educación, e foi pioneiro en reivindicar a igualdade de dereitos entre o home e a muller, os dereitos dos nenos así como os dereitos da natureza, isto é, o [[Ecoloxía|ecoloxismo]]. Segundo este panenteísmo, Deus acaba por reabsorber os "tres termos do mundo", ou sexa, a [[natureza]], o [[espírito]] e a [[humanidade]], que unifica nun todo orgánico. O seu [[historicismo]] culmina así mesmo nun retorno do xénero humano a [[Deus]], como meta última de todo progreso; segundo el, chégase ao Ser Supremo non a través do común proceso crítico e indutivo, que o filósofo denomina "analítico" e "subxectivo", senón por medio doutro superior, que chama "sintético" ou "obxectivo", que parte de Deus mesmo e dá lugar ao mundo. O filósofo deixou moitas obras inéditas, que só en parte viron a luz: ''Proxecto dun sistema de filosofía'', ''A idea da humanidade ''(que lle valeu o citado proceso), ''Sistema de ética'' e ''Leccións acerca das verdades fundamentais da ciencia''.
 
Exerceu unha gran influencia no mundo hispanofalante, tanto en España como en Hispanoamérica, a través da divulgación das súas doutrinas que na primeira fixo [[Julián Sanz del Río]] e a aplicación que fixo delas o seu fiel discípulo [[Francisco Giner de los Ríos]], quen as utilizou na moi prestixiosa e renovadora [[Institución Libre de Ensino]]; na propia Alemaña fíxoo, sobre todo, por medio do pedagogo [[Friedrich Fröbel]].