Formación económico social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Karl Marx na páxina "Marx"
m →‎Características: Paradigma (ciencia)
Liña 6:
O concepto foi empregado orixinalmente por [[Karl Marx|Marx]] n´''O Capital''. Máis tarde foi recuperado por [[historia|historiador]]es de orientación marxista de mediados do [[século XX]], conscientes da imposibilidade de aplicar á realidade histórica o funcionamento ideal e puro dos principais modos de produción definidos conceptualmente como [[escravismo]], [[feudalismo]], [[capitalismo]], [[comunismo]]. Tamén se intenta contrarrestar o determinismo económico presente na maioría das correntes marxistas onde a superestrutura atópase subordinada á "base económica".
 
Para estes historiadores, se o [[marxismo]] é a "filosofía da [[praxis]]" (tal como a definía o italiano [[Antonio Gramsci]]), non tiña sentido ningún aplicar sen máis as súas receitas sen sustento na realidade. Para outros, o intento de actualizar as teorías de Marx non é senón unha demostración da resistencia ao abandono dos [[Paradigma (ciencia)|paradigma]]s científicos cando chegan a esgotar a súa capacidade explicativa, tal como aconteceu en Astronomía coa teoría dos [[epiciclo]]s, que salvaba as aparencias para que o [[Sistema Xeocéntrico]] seguise explicando os movementos dos astros no canto de optar polo [[Sistema Heliocéntrico]], máis sinxelo e xa que logo, aplicando a [[Navalla de Occam]], con tendencia a ser máis certo.
 
Outros marxistas pensan que o determinismo económico que se lle adoita asignar ao marxismo é máis responsabilidade dalgúns dos seguidores de Marx máis que do propio Marx. Segundo o fatalismo económico "marxista" a superestrutura é determinada unilateralmente pola base económica. Segundo o propio Marx, a superestrutura é determinada ''na derradeira instancia'' pola formación económico social. O termo formación, ademais, suxire que o factor económico social non é algo que xa vén dado senón que é produto do accionar dos individuos.