Postojna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 5:
A súa privilexiada posición nas vias de comunicación entre os [[Balcáns]] e [[Viena]] con Italia lévan a Postojna a ser un enclave estratéxico dende fai séculos.
 
As escavacións realizadas en Predjama, as grutas de Postojna e en Betalov spodmol dan testimonio dos primeiros habitantes da zona, sendo os restos máis antigos do [[Paleolítico]] e dando fe tamén do [[Neolítico]], [[Idade de Bronce]] e [[Idade de Ferro]].
 
A primeira referencia histórica a Postojna atopámola no ano [[1226]], contando con mercado a partir do [[1432]] e promovida ao estatus de cidade no ano [[1909]], quedando esta progresión sempre vinculada ao tren entre [[Viena]] e [[Trieste]].
 
A súa forte vinculación ca corte [[Imperio Austrohúngaro|autrohúngara]], ao formar parte da única saída ao mar do Imperio, levou ao desarrollo dunha protoindustria turística entornoao áredor da Cova de Postojna, contando cunha das infraestruturas turísticas máis antigas do mundo.
 
Trala [[Primeira Guerra Mundial]], como toda a zona litoral de Eslovenia pasou a formar parte de [[Italia]], ata o ano [[1945]] cando remata a [[Segunda Guerra Mundial]] e pasa a formar parte da [[República Socialista de Eslovenia]], integrada na [[República Federal de Iugoslavia]].