Christos Yannaras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Pensamento: Universo
Liña 13:
A relación do home con Deus non é a dun suxeito e un obxecto senón unha relación persoal erótica; só se albisca un coñecemento de Deus deixándose penetrar polas enerxías divinas, mediante unha experiencia de unión coa divindade. Se se concibe a Deus como na [[escolástica (filosofía)|escolástica]], como a causa do [[universo]], o mundo aparece como afastado de Deus, o que acaba conducindo á secularización, a un finalismo orientado á utilidade, ao asoballamento da natureza e da historia pola técnica, a un mundo, en definitiva, esgotado e consumido.
 
Fronte a isto cómpre recuperar a [[cosmoloxía]] dos [[Pais da Igrexa]] gregos que preserve de verdade a vida e estea ao servizo dela. A crise ambiental traduce a perda do sentido do [[Universo|cosmos]] como animado polo [[Espírito Santo|Espírito]], e que, polo tanto, queda reducido a unha materia morta destinada a satisfacción dos propios desexos.
 
Yannaras ao igual que [[Pável Florensky]] fai fincapé na experiencia da [[beleza]], pero aquela beleza que sinala alén de si mesma e que é un chamamento tráxico a unha plenitude de vida, que se recoñece como inasequible.