Eurocopa de Fútbol de 2012: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 26:
== Antecedentes ==
=== Elección da sede ===
[[Ficheiro:EURO 2012 Lvov clock.jpg|miniatura|left|Reloxo amosando o tempo restante para o comezo da competición.]]
[[Ficheiro:Koziolki EURO 2012.jpg|miniatura|As cabuxas, símbolos de [[Poznań]], con motivos da Eurocopa.]]
[[Polonia]] e [[Ucraína]] postularon ser sedes antes do [[1 de febreiro]] de [[2005]] xunto a outras sete candidaturas: [[Acerbaixán]], [[Croacia]] xunto a [[Hungría]], [[Grecia]], [[Italia]], [[Romanía]], [[Rusia]] e [[Turquía]]. [[Francia]], que avaliara unha candidatura, finalmente non a presentou para evitar problemas coa candidatura de [[París]] aos [[Xogos Olímpicos de 2012]]. O [[22 de xullo]] dese ano, a UEFA descartou as candidaturas azerí, romanesa e rusa. As candidatas restantes presentaron os seus detalles a través de diversos informes á UEFA, a cal en base a elas tomou a decisión de reducir o proceso a só tres candidaturas. O [[8 de novembro]] de 2005, Grecia e Turquía foron excluídas.
 
A candidatura de Polonia e Ucraína enfrontaba diversos problemas, xa que ningún dos dous países organizara antes un evento importante de fútbol nin ningún tampouco algún evento deportivo internacional como países aliados. Con todo, o 85,4% dos ucraínos e o 66,8% dos polacos apoiaban a candidatura das súas nacións ao momento da elección.
 
[[Ficheiro:Koziolki EURO 2012.jpg|miniatura|As cabuxas, símbolos de [[Poznań]], con motivos da Eurocopa.]]
A falta de infraestrucura<ref>[http://soccernet.espn.go.com/news/story?ide=405212&cc=3888 Ukraine accuse Poland undermining 2012 bid]</ref> necesaria para o desenvolvemento do torneo foi un dos principais problemas que enfrontou a candidatura. Exemplo diso foi que os delegados da [[UEFA]] manifestaron publicamente a súa preocupación polo mal estado da estrada entre [[Gdansk]] e [[Lviv]], e que catro dos estadios principais aínda se mantiñan como proxectos a comezos de [[2007]].
A isto sumouse unha grave crise no fútbol polaco trala detención de sesenta árbitros por [[corrupción política|corrupción]] e a cancelación dun torneo por parte do Ministro de Deportes. A intervención da política en temas deportivos foi fortemente sancionada por parte da [[FIFA]] e a [[Asociación Polaca de Fútbol]] arriscouse mesmo á suspensión dos seus encontros internacionais.