Pomba mensaxeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m estilo
m máis estilo
Liña 2:
Unha '''pomba mensaxeira''' é unha variedade de [[pomba brava]] (''columba livia'') que se adestra para que volte ao seu [[pombal]] desde longas distancias levando algún tipo de [[mensaxe]] ou [[carta]], chamadas [[columbograma]]s, nun tubo anular que se lles coloca nunha [[pata]].
 
Segundo a tradición bíblica, a máis antiga pomba mensaxeira foi a que lle levou a [[Noé]] a mensaxe do retroceso das augas despois do diluvio ao regresar cunha póla de [[oliveira]] no [[peteiro]], convértendose no símbolo da [[paz]], [[pomba da paz]]. O certo é que a utilización da pomba como [[medio de comunicación]] coñécese desde a antigüidade, os gregos transmitían ás cidades os nomes dos gañadores dos [[Xogos Olímpicos]] por medio de pombas e as lexións romanas contaban con pombares móbiles que acollían milleiros de exemplares, os árabes perfeccionaron ao súaseu utilizaciónuso e as que utilizaron por exemplo contra os cruzados en [[Terra Santa]] para coñeceren os seus movementos. Existiron servizos de correo regulares por medio de pombas mensaxeiras e emitíronse [[selo postal|selo]]s de uso exclusivo para estes servizos.
 
A utilización da pomba mensaxeira como medio de comunicación diminuiu coa aparición da telegrafía sen fíos. Actualmente o seu uso é case exclusivamente deportivo aínda que os diferentes exércitos manteñen unidades especializadas para casos de conflitos militares que leven aparellado o colapso das comunicacións.