Historia da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:Istoria Chinei
m ordeado>ordenado
Liña 152:
Os líderes qing sospeitabam da modernidade e dos avances sociais e tecnolóxicos, que viron como ameazas ao seu control absoluto sobre a China. Por exemplo, a [[pólvora]], que fora frecuentemente empregada polos exércitos das [[dinastía Sung|Dinastías Sung]] e [[dinastía Ming|Ming]], fora prohibida polos qings ao asumiren o control do país. Por este e outros motivos, a dinastía encontrábase despreparada para combater as invasións [[mundo Occidental|occidentais]]. As potencias occidentais interviñeron militarmente para reprimir o caos doméstico, como no caso da Rebelión Taiping.
 
Nos anos 1860, a Dinastía Qing logrou sofocar revoltas, cun enorme custo e perda de vidas. Isto minou a credibilidade do réxime qing e contribuiu á proliferación de señores da guerra locais. O Emperador [[Guangxu]] procurou lidiar coa necessidade de modernizar o país por medio do Movemento de Auto-Fortalecemento. Entretanto, a partir de [[1898]], a Emperatriz rexente [[Cixi]] mantivo a Guangxu preso baixo o argumento de "deficiencia mental", tras un [[golpe militar]] ordeadoordenado por ela e co apoio da parte conservadora, contraria ás reformas. Guangxu faleceu un día antes ca emperatriz rexente (segundo algúns, por ela envenenado). Os "novos exércitos" qings (adestrados e equipados conforme o modelo occidental) foron fragorosamente derrotados na [[Guerra Sino-Francesa]] ([[1883]]-[[1885]]) e na [[Guerra Sino-Xaponesa]] ([[1894]]-[[1895]]).
 
No inicio do [[século XX]], o Levante dos Boxers, un movemento conservador anti-[[imperialismo|imperialista]] que pretendía facer regresar ao país a un estilo de vida tradicional, ameazou ao norte da China. A emperatriz rexente, probábelmente co feito de garantir o seu control sobre o goberno, apoiou aos boxers cando estes avanzaron sobre [[Pekin]]. Como reacción, a chamada Alianza dos Oito Estados invadiu a China. Composta por tropas [[reino Unido|británicas]], [[Xapón|xaponesas]], [[Rusia|rusas]], [[Italia|italianas]], [[Alemaña|alemanas]], [[Francia|francesas]], [[Estados Unidos|norte-americanas]] e [[Austria-Hungria|austro-húngaras]], a alianza derrotou aos boxers e esixiu máis concesións do goberno qing.