Celestino I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''San Celestino I''' naceu e morreu en [[Roma]] e foi papa entre o [[422]] e o [[432]]. Pénsase que era familiar do emperador [[Valentiniano I]]. Combateu os [[Pelaxio|pelaxistas]] e [[nestorianismo|nestorianos]].
== Vida ==
San '''Celestino I''' foi nado en [[Campania]] ([[Italia]]) sobre o derradeiro cuarto de século IV. Segundo os biógrafos, Celestino viña dunha familia nobre e emparentada con reis; parte dos estudos sinalan o emperador [[Valentiniano]] coma familiar máis proximo a través de seu pai, Prisco (ou Priscus). De súa nai non aparece documentado nada, mais é de supoñer que Celestino foi nobre e romano coma seu pai, só que nalgún punto da súa vida este aspecto deu a volta con singularidade. Suponse que estivo retirado no deserto e que anos despois foi ordeadoordenado crego, chegando incluso a ser bispo en Siria. Mais nada hai documentado que impulse a crer que este estilo de vida fose certo; tan só algunhas fontes exteriores de procedencia dubidosa. É posible que estudara teoloxía e relixión e a primeira referencia xa documentada deste home consta do ano [[416]] na que detenta o cargo de diácono e arquidiácono da igrexa romana (posiblemente no pontificado de papa [[Inocencio I, Papa|Inocencio I]]).
 
Outros cronistas da época reflicten que Celestino viviu un tempo en Milán, tendo como mestre a Santo Ambrosio. Mais no ano [[418]], Santo Agustín menciónao nun escrito e, escasamente no longo do ano presentase como un dos candidatos para suceder ao papa San [[Bonifacio I, Papa|Bonifacio I]]. O [[10 de setembro]] de [[422]], Celestino I sobe ao solio pontificio; esta data é precisada polo cronista Sebastán Lenain de Tillemont, se ben outros autores indican a posibilidade de que Celestino subira ó trono o 3 de novembro. Aínda que se vivía en tempos revoltos para Roma, Celestino non tivo opoñentes coñecidos; o mesmo Santo Agostiño faillo saber ao novo papa a través dunha escrita, a célebre epístola CCLXI (Epist. 261). Todo iso sen contar a solicitude de asistencia para arranxa-las dificultades con Antonio (por aquelas detentaba o cargo de bispo de Fessula en [[África]]). Esta carta, e outras escritas por Santo Agustín fixeron un lazo forte entre este e Celestino I, ate que Agostiño fina no ano [[430]].
Liña 22:
 
== O derradeiro ano, morte e controversias ==
Dentro do ano [[432]], Celestino recibe unha nova que lle fai reconsidera-lo caso da evanxelización de [[Irlanda]]; ve como as noticias de que Paladio abandonara a misión a finais de 431 por problemas de saúde (non era para menos, morrería no transcurso do ano [[432]] en [[Bretaña]]). Unha decisión imperaba e recaía nun monxe de nome San [[Patricio]] (quen, con anterioridade, foi rexeitado para a misión), polo que recibe as ordenordes de Celestino (posiblemente o [[10 de xullo]] de [[432]]) de seguir conco traballo do Paladio na evanxelización de [[Irlanda]]. O [[27 de xullo]] de 432 falece Celestino I en Roma; esta data é recoñecida pola maioría dos haxiógrafos, pero outros cren (particularmente a [[Igrexa Latina]]) que o seu falecemento ocorreu o [[6 de abril]] do mesmo ano, data na que, tamén indican, o seu corpo foi colocado nas Catacumbas de [[Santa Priscila]]. Non comparte a mesma opinión a [[Igrexa Grega]], que lle fai grandes honras (pola súa condena a Nestorio) o [[8 de abril]]. Pero con todo iso hai un dato no que se amosan dacordo os haxiógrafos e historiadores, tratábase da escrita que foi posta no seu sartego, que di: "A súa santísima alma goza xa da visión de Deus".
 
A controversia está servida en tres partes: as datas de falecemento (que xa se mencionou enriba); o tema do traslado dos restos e como remate as escritas. No ano [[820]] ([[817]] segundo outros) o Papa [[Pascual I, Papa|Pascual I]] decide que os restos de San Celestino sexan repartidos no traslado entre a [[basílica]] de Santa Práxedes (ou Prassede) e o resto para a [[catedral]] de [[Mantua]]. Non opinan así algúns dos eruditos, xa que parece ser que os restos deste santo están na Igrexa antes mencionada sendo a catedral de Mantua a que reclama tamén ter parte das súas reliquias. A terceira controversia vén servida na prol das escritas que deixou. Mantense a cantidade de 16 cartas e o fragmento dun discurso lido no sínodo de Roma do ano [[430]]. Por séculos creuse que a "Capitula Coelestini" (unha obra que trata en 10 cartas as decisións sobre o suxeito da graza) poidera ser de Celestino; pero na actualidade está considerado un dos traballos pertencentes a San Próspero de Aquitania.