Polifonía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Modificado: zh:複音音樂
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Polifonía'''. En xeral, este termo fai referencia á composición musical a varias voces, en oposicón á [[monodia]], é dicir, composición a unha soa voz. Porén, o seu significado adoita ser máis concreto, e referirse a unha técnica de composición a varias voces que se moven independentemente, seguindo as regras do [[contrapunto]], neste caso oporíase ao concepto de [[homofonía]].
 
A orixe da polifonía está en relación coa [[filosofía escolástica]], os polifonistas eran sobre todo intelectuais que gozaban co experimento deixando o contido do texto nun plano secundario. O [[motete]] dos séculos XII e XIII é a expresión musical perfecta do escolasticismo, París a través da Sorbona vai ser o centro do escolasticismo que é tamén a capital da polifonía grazas á [[Escola de Notre-Dame]], conséguese un avance na [[notación musical]] ao poder reflectir con exactitude a duración dos sons, o que permite sincronizar máis eficazmente as voces entre si e unha maior participación do [[ritmo]] na composición polifónica, dotando dunha maior liberdade ao compositor. No século XV coa escola flamenga é cando a polifonía acada o seu máximo explendor.
[[Category:Música]]