Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A '''invasión soviética de Polonia de 1939''' foi unha operación militar da [[Unión Soviética]] iniciada sen unha dclaración formal de guerra o día [[17 de setembro]] de [[1939]], durantes as primeira fases da [[Segunda Guerra Mundial]]. Dezaseis días despois de que a [[Alemaña nazi]] invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión retatou o [[6 de outubro]] de [[1939]] coa división e anexión de toda a [[Segunda República Polaca]] polos alemás e os soviéticos.
 
A comezos de [[1939]] a Unión Soviética iniciou negociacións co [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Polonia]] e [[Romanía]] para establecer unha alianza contra a Alemaña nazi. As negociacións fallaron cando os soviéticos esixiron a Polonia e Romanía dereitos de tránsito para as súas tropas no seu territorio como parte dun acordo colectivo de seguridade. O fracaso desas negociacións levaron á Unión Soviética a asinar o [[pacto Ribbentrop-Molotov]] coa Alemaña nazi o [[23 de agosto]]; este era un pacto de non-agesión que contiña un protocolo segredo para dividirse o norte e o leste de [[Europa]]. Unha semana despois de asinar o tratado as forzas alemás invadiron Polonia dende o norte, oeste e sur. As forzas polacas retiráronse cara o sueste e preparáronse para a defensa na cabeza de ponte romanesa, agardando polo apoio francés e británico. O [[Exército Vermello]] invadíu o [[Kresy]] (as provincias da fronteira leste) segundo o protocolo segredo o día [[17 de setembro]]. O goberno soviético anunciou que estaba actuando para protexer aos ucraínos e bielorrusos que vivían na parte leste de Polonia, debido a que o estado polaco colapsara polo ataque alemá e non podía garantir a seguridade dos seus propios cidadáns. Cunha segunda fronte, o goberno polaco chegou á conclusión de que a defensa da cabeza de ponte romanesa xa non era factible, e ordenou a evacuación de emerxencia de todas as tropas á neutral [[Romanía]].
 
O [[Exército Vermello]], moito máis numeroso que a resistencia polaca, acadou os seus obxectivos, e capturou a uns 230.000 prisioneiros de guerra. O goberno soviético anexionou o territorio baixo o seu control, e no mes de novembro fixo que os 13,5 millóns de cidadáns polacos das zonas controladas pasasen a ser cidadáns da Unión Soviética. Inmediatamente comezaron unha campaña de sovietización nos novos territorios adquiridos. Realizaron unhas eleccións coa intención de lexitimar a anexión do leste de Polonia, e sufocaron a oposición por medio de execucións sumarias e milleiros de detencións. A Unión Soviética enviou a centos de persoas a [[Siberia]] e outras zonas remotas do país en catro grandes ondas de deportación entre 1939 e 1941.
60.437

edicións