O Ciprianillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
 
==Historia==
[[Xosé María Álvarez Blázquez]], [[Vicente Risco]] e outros autores investigaron sobre o posible autor e data orixinal de publicación, sen chegaren a ningunha conclusión definitiva. Parece haber certo consenso en situar o nacemento do libro ó redor dos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]]. Álvarez Blázquez afirma que xa no século XVII circulaba en Galicia un libro de esconxuros atribuído a [[Cibrao de Cartago|San Cibrán]], do que pode derivar o nome de ''Ciprianillo'', que sería unha tradución do francés. Risco cre que se publicaría xa entrado o [[século XVIII|XVIII]].
 
Tamén [[Antón Fraguas]] estudou a historia do libro, e cita os seguintes títulos cos que se publicou, en España e noutros países: ''Libro de San Cipriano'', ''Libro magno de San Cipriano. Tesoro del hechicero'' ou ''Grande livro de San Cipriano, ou o tesouro do feiticeiro'' (este en portugués). Fala tamén doutras edicións en [[Leipzig]], [[Madrid]] ou anónimas (sen data nin lugar de impresión <ref>Este libro, titulado ''Libro de San Cipriano. Libro completo de verdadera magia, o sea tesoro del hechicero'', está asinado por un tal ''Jonás Sufurino'' que, na introdución, asegura editalo no ''mosteiro de Broken'' o ano 1001.</ref>) e suxire que as diferenzas observadas entre as diferentes edicións (a lista de lugares onde se atopan os tesouros é moi variable e mesmo falta nalgunhas edicións) pode explicarse por tratarse de diferentes autores.