Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Xeneralidades ==
Os terpenos orixínanse por polimerización [[encima|encimática]] de dúas ou máis unidades de isopreno, ensambladas e modificadas de moitos xeitos diferentes. A maioría dos terpenos teñen estruturas multicíclicas, que difiren non só nos grupos funcionais senón tamén no seu esqueleto básico de carbono. En realidade o isopreno non é o precursor biolóxico dos terpenos, senón o [[pirofosfato de isopentenilo]] (isopreno activo), pero considérase que o isopreno é a súa unidade básica porque a descomposición por calor de moitos terpenos orixina isopreno, e porque se pode inducir ao isopreno a polimerizarse en múltiplos de 5 carbonos, xerando numerosos esqueletos de terpenos.<ref name="Buchanan"/>
 
Nas plantas os terpenos cumpren moitas funcións primarias: algúns pigmentos [[carotenoide]]s son terpenos, tamén forman parte da [[clorofila]] e as [[hormona]]s [[xiberelina]] e [[ácido abscísico]]. Os terpenos tamén cumpren a función de aumentar a fixación dalgunhas proteínas ás membranas celulares, o que se coñece como [[isoprenilación]]. Os [[esteroide]]s e [[esterol|esterois]] prodúcense a partir de terpenos precursores.