Tapia de Casarego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *aportar
Liña 49:
Desde o punto de vista xeológico o solo de Tapia é de formación [[Silúrico|silúrica]] composto principalmente de cuarcitas e [[xisto]]s [[cámbrico]]s. Hai tamén unha importante presenza de granito na zona oriental do termo municipal, preto xa da costa. Na zona próxima á localidade de [[Porcía]] e na antiga parroquia de Santa María del Monte apareceron mostras do mineral [[ferromagnético]].
 
Trátase en calqueiracalquera caso de materiais xeolóxicos de natureza silícea, sobre os que desenvolven solos ácidos pobres en sales minerais (solos oligotróficos e mesotróficos). Nos fondos de val, os materiais aluviais poden proporcionar unha maior fertilidade aos solos e facilitar a existencia de perfís edáficos máis profundos e desenvolvidos.
 
O relevo ten altitudes bastantes suaves e con poucas pendentes, observándose dúas zonas bastante diferenciadas separadas pola estrada que vai de Figueras a Lagar. Na parte sur desta vía atopamos o cordal de Acevedo e os montes de Candaosa, con alturas de pouca importancia entre as que destaca o outeiro de Las Cruces, con 396 metros. Polo seu lado norte divísase unha extensa e fructífera planicie litoral. Outras alturas reseñables son as do Pico de Las Nieves (251 m.), o Grandela (348 m.), e xa no límite con Castropol o outeiro do Posadoiro (600 m.) e o da Bobia que se atopa xa fóra dos límites do concello, con 1.201 metros. O litoral atópase moi batido polas ondas mariñas, contando con varios acantilados e illotes de pequena altitude. As súas praias tamén presentan diferencias, atopándose praias de area moi fina a partir da parte occidental da capital. Na parte oriental da vila o que predominan son as ribeiras de pedra que contan con accesos complicados.