Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m thumb->miniatura
Liña 69:
 
=== Ataques, enfermidade e morte ===
[[Ficheiro:Bleistiftportät Rudolf Steiner.jpg|thumbminiatura]]
O incendio intencionado cometido contra o Primeiro Goetheanum tiña un contexto: [[Nacional socialismo|nacionalistas nazis]] ameazaran publicamente o Goetheanum<ref>«Home of Theosophy Burns», ''New York Times'', 2 de xaneiro de 1923.</ref> e ao propio Steiner.<ref>«Riot at Munich Lecture», ''New York Times'', 17 de maio de 1922.</ref>
Reaccionando contra a situación catastrófica da [[Alemaña]] de posguerra, Steiner fixo xiras extensas de conferencias promovendo as suas ideas sociais sobre a [[Triformación social|Orde Social Triformada]], implicando unha estrutura política fundamentalmente distinta; suxiriu que catástrofes como a [[Primeira guerra mundial|Guerra Mundial]] podían evitarse a través da independencia dos ámbitos cultural, político e económico. Tamén propuxo unha solución radical na disputada área de [[Silesia Superior]] (reclamada por [[Polonia]] e Alemaña): a súa suxestión de que lle outorgasen a esta área polo menos unha independencia provisional levouno a ser acusado publicamente de ser traidor a Alemaña.<ref>A acusación publicouse no Frankfurter Zeitung do 4 de marzo de 1921.</ref>