Paul Cézanne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m →‎Provenza: amaño ligazons internas
m thumb->miniatura
Liña 32:
[[Ficheiro:Paul cezanne 1861.jpg|Fotografía de Cézanne 1861|miniatura|left]]
Moitas das primeiras obras de Cézanne estaban pintadas con pigmentos mestos e en tons escuros que lembraban o expresionismo romántico e melancólico de xeracións anteriores. Así a todo, ao igual ca Zola no seu empeño por desenvolver unha narrativa realista, tamén Cézanne manifestou un interese progresivo na representación da vida contemporánea: quería pintar o mundo tal e como se presentaba ante os seus ollos, sen se preocupar de idealizacións temáticas ou afectación no estilo.
[[Ficheiro:Paul Cézanne 130.jpg|Louis-Auguste Cézanne 1866|thumbminiatura]]
Sentíndose incapaz de pintar, regresou a Aix e aceptou un emprego no banco de seu pai, pero en [[1862]] decidiu volver a París para se consagraren definitivamente á pintura. Alí reanudou a súa amizade con Zola e continuou os seus estudos na Academia Suíza, onde coñeceu a [[Armand Guillaumin]] e a [[Camille Pissarro]], pintor maior ca el aínda que pouco recoñecido, que vivía coa súa numerosa familia nunha zona rural nos arrabais de París. Grazas ao contacto co derradeiro, Cézanne daría un xiro radical no seu estilo, desvencellándose de toda norma académica e da paleta sombría e fortemente empastada que o caracterizaba.
 
Liña 42:
 
=== Provenza ===
[[Ficheiro:Paul Cézanne - Portrait du fils de l'artiste.jpg|Retrato de Paul Cézanne fillo 1881-82|thumbminiatura]]
 
Cézanne pasou o ano [[1878]] no [[Mediodía francés|Mediodía]], con [[Hortense Fiquet]] e mailo seu fillo Paul (1872—1947).<ref>[http://content.cdlib.org/view?docId=tf796nb4fk&chunk.id=c02-1.8.7.3.92&brand=oac]</ref> En marzo, o seu pai descubriu o asunto de Hortense e ameazouno con romper con el financeiramente, mais no mes de setembro, decidiu subirlle a asignación a 400 francos. Entre [[1879]]-[[1880|80]] pasou parte do inverno en [[Melun]], aproveitando para pintar a paisaxe cuberta de [[neve]]. Entre as obras mestras deste período está a vista da ''Ponte de Maincy''. [[Ficheiro:Paul Cézanne 044.jpg|Vista de Marsella dende a casa de L´Estaque|miniatura|left]]
Liña 50:
 
=== Ruptura con Zola e casamento ===
[[Ficheiro:Paul Cézanne 125.jpg|[[Hortense Fiquet|Hortense Cézanne]] (n. Fiquet) 1891-92|esquerda|thumbminiatura]]
[[Ficheiro:Paul Cézanne 042.jpg|Casa de Cézanne en [[Jas de Bouffan]] 1878|thumbminiatura]]
O ano [[1886]] foi crucial: casou con [[Hortense Fiquet]] e, no mes de outubro dese ano, morreu o seu pai. Este deixoulle en herdanza a leira que mercara en [[1859]]. Cézanne tiña 47 años de idade e por fin conseguira a independencia económica, grazas á grande herdanza que recibira,<ref name="Biography.com">{{cita web |url=http://www.biography.com/search/article.do?id=9542036&page=1 |título=Paul Cézanne Biography (1839-1906) |dataacceso=17-02-2007 |autor=Biography.com }}</ref> aínda que seguiu mantendo o seu illamento social. Nese mesmo ano a súa amizade con [[Émile Zola]] queda esnaquizada, despois de que este usárao, en gran medida, como modelo para o artista fracasado e tráxico Claude Lantier, en ''A obra''. Cézanne sentiu que a [[novela]] era indecorosa e constituía unha traizón por parte do seu amigo da xuventude, quen outrora fora o seu gran apoio durante moito tempo, polo que non volveron verse nunca máis.
 
Liña 61:
En 1890 foi diagnosticado de [[diabete]], o que desestabilizou a súa personalidade ata o punto de afectar a súa relación con Hortense. Buscando unha reconciliación viaxou a [[Suíza]], con Hortense e mailo seu fillo. Porén, Cézanne axiña voltou vivir na Provenza, marchando Hortense e o xove Paul a [[París]]. As necesidades financeiras obrigaron a Hortense a volver á Provenza instalándose nunha vivienda separada. Cézanne trasladouse entón coa súa nai e maila súa irmá.
[[Ficheiro:Cézanne Bibémus 01.jpg|miniatura|dereita|Casa de Cézanne nas canteiras de Bibémus, Aix-en-Provence]]
[[Ficheiro:Paul Cezanne La Montagne Saint Victoire Barnes.jpg|Montaña Sainte-Victoire|thumbminiatura]]
En [[1891]] asumiu de novo o [[catolicismo]], aínda que as imaxes relixiosas foron escasas na súa obra tardía. Cézanne sostiña que {{Cita|Cando xulgo a arte, collo o meu cadro e o poño xunto a un obxecto obra de Deus coma unha árbore ou unha flor. Se desentoa, non é arte|Paul Cézanne<ref>{{cita web |url=http://thinkexist.com/quotation/when_i_judge_art-i_take_my_painting_and_put_it/218338.html |título=Paul Cezanne quotes |dataacceso=17-02-2007 |autor=ThinkExist.com Quotations}}</ref>}}