Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m thumb->miniatura
Liña 42:
 
[[Ficheiro:Fra Juan Sánchez Cotán 001.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Juan Sánchez Cotán]], ''Marmelo, repolo, melón e pepino'' (1602)]]
[[Ficheiro:Pieter Claesz 002.jpg|esquerda|[[Pieter Claesz]]: ''Vanitas; Natureza morta con vidrio envorcado'' (1630)|thumbminiatura]]
Especialmente popular neste período foi a pintura de «vaidade» ou ''[[vanitas]]'', nas que suntuosos arranxos de froita e flores, libros, estatuíñas, xerras, moedas, xoias, pinturas, instrumentos musicais e científicos, insignias militares, cristal e prata finos, estaban acompañados por lembranzas simbólicas da fugacidade da vida. Adicionalmente, unha caveira, un [[reloxo de area]] ou de peto, unha vea consumíndose ou un libro coas páxinas voltas, servirían coma unha mensaxe moralizante do efémero dos praceres dos sentidos. A miúdo varias das froitas e flores amósanse comezando a podrecerse para insistir na mesma consideración.
 
Outro tipo de natureza, coñecida como «pinturas de almorzo», representan tanto unha presentación literal das delicadezas que as clases superiores gozaban como un recordatorio relixioso para evitar a lambonería.<ref>Ebert-Schifferer, p. 90</ref> Noutra innovación holandesa, ao redor de [[1650]] [[Samuel van Hoogstraten]] pintou un dos primeiros cadros con estanterías, bodegóns tipo [[Trompe-l'œil]] que representa a obxectos atados, pendurados, cravados ou pegados doutro xeito a unha táboa, un tipo de bodegón moi popular nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] no [[século XIX]].<ref>Ebert-Schifferer, p. 164</ref> Outra variedade de Trompe-l'œil representaba obxectos vencellados a unha profesión dada, como na pintura de [[Cornelis Norbertus Gysbrechts]] ''Caballete de pintor con peza de froita'', que amosa todas as ferramentas do oficio do pintor.<ref>Ebert-Schifferer, p. 170</ref> Tamén popular na primeira metade do [[século XVII]] foi a pintura dun amplo surtido de especímenes en forma alegórica, como os «cinco sentidos», os «catro continentes» ou as «catro estacións», amoando unha deusa ou figura alegórica rodeada polos correspondentes obxectos naturais ou realizados polo home.<ref>Ebert-Schifferer, pp. 180-181</ref> A popularidade das ''vanitas'' e estoutras formas de natureza morta, axiña espalláronse dende Holanda a [[Flandres]], [[Alemaña]], [[España]]<ref>Véxase [[Juan van der Hamen]].</ref> e [[Francia]].
[[Ficheiro:Flegel - Schrankbild.jpg|[[Georg Flegel]]: Estantería|thumbminiatura]]
O bodegón alemán seguiu de preto os modelos holandeses. O pintor alemán [[Georg Flegel]] foi un pioneiro no bodegón puro sen figuras e creou a novidade compositiva de pendurar ou colocar os obxectos detallados en gabinetes, armarios e mostrar caixas, e producir puntos de vista múltiples simultáneamente.<ref>Zuffi, p. 260</ref> En [[España]], as naturezas mortas eran austeros. Diferían do modelo holandés, que a miúdo contiña ricos banquetes rodeados por obxectos luxosos e ornamentados de vidro ou tea. A caza nas pinturas españolas é a miúdo simples animais mortos agardando a que os despelexen. As froitas e hortalizas a míudo atópanse crúas. Os fondos son sombríos ou simples bloques xeométricos de madeira, creando a miúdo un aire surrealista. Ata cando tanto os bodegóns holandeses como os españois a miúdo tiveron un propósito moral implícito, a austeridade, que algúns atopan próxima á desolación da meseta española, parece rexeitar os praceres sensuais, a plenitude e o luxo dos bodegóns holandeses.<ref>Ebert-Schifferer, p. 71</ref> Nas católicas Italia e España, a pura pintura de ''vanitas'' era escasa, e había aínda menos especialistas en naturezas mortas. Na Europa meridional hai máis emprego para o suave naturalismo de Caravaggio e menos énfase non hiperrealismo en comparación cos estilos do norte de Europa.<ref>Ebert-Schifferer, p. 173</ref> En Francia, os pintores de bodegóns víronse influídos tanto pola escola setentrional como pola meridional, tomando emprestado da pintura de vanitas dos Países Baixos e dos arreglos libres de España.<ref>Ebert-Schifferer, p. 229</ref>