Ácido mevalónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
O ácido mevalónico é un precursor na ruta biosintética denominada [[vía do malonato]], por medio da cal se sintetizan os [[terpeno]]s e [[esteroide]]s. O ácido mevalónico é o precursor primario do [[isopentenil pirofosfato]] (IPP), que á súa vez é o composto base para a síntese de todos os terpenoides.
 
Para a síntese do mevalonato nas células necesítase [[acetil-CoA]]. Fórmase primeiro [[acetoacetil-CoA]], despois [[beta-hidroxi-beta-metilglutaril-CoA|β-hidroxi-β-metilglutaril-CoA]] (HMG-CoA), que posteriormente se reduce coa intervención do [[NADPH]] e libera o [[coencima A]], orixinando o mevalonato. O encima que intervén nesta reacción final é a [[HMG-CoA redutase]] [[citosol|citosólica]], que controla a síntese de esteroides como o [[colesterol]], xa que o mevalonato formado seguirá a ruta de síntese do colesterol orixinando primeiro mevalonato 5-fosfato con gasto de ATP en reacción catalizada pola mevalonato quinase. <ref>Lehninger A. Principios de bioquímica. (1988). Omega. Páxina 608. ISBN 84-282-0738-0</ref>
 
 
<center>[[Ficheiro:Mevalonsäure Biosynthese.svg|900px|Síntese do mevalonato. Por orde: acetil-CoA, acetoacetil-CoA, β-hidroxi-β-metilglutaril-CoA e ácido mevalónico.]]</center>