Diferenzas entre revisións de «Charles Stewart Parnell»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: sco:Charles Stewart Parnell; cambios estética
m (demisión>dimisión)
m (r2.7.3) (Bot: Engado: sco:Charles Stewart Parnell; cambios estética)
'''Charles Stewart Parnell''', nado en [[Avondale]], [[condado de Wicklow]], [[Irlanda]], o [[27 de xuño]] de [[1846]] e finado en [[Brighton]], [[Inglaterra]], o [[6 de outubro]] de [[1891]], foi un político [[nacionalismo irlandés|nacionalista irlandés]], fundador e líder do [[Partido Parlamentario Irlandés]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos na política ===
Nado no seo da alta [[burguesía]], de pai angloirlandés e nai estadounidense, e de relixión [[reforma protestante|protestante]], realizou os seus estudos en [[Inglaterra]] para posteriormente levar a cabo unha longa viaxe polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Volveu a [[Irlanda]] en 1874, onde foi un recoñecido terratenente e onde se empezou a interesar pola política, inclinándose polas posicións próximas ao nacionalismo irlandés.
 
O asasinato, catro días despois, do Secretario Xefe para Irlanda, [[Frederick Cavendish]], e o Subsecretario [[Thomas Henry Burke]], por parte de radicais fenianos, contaron co rexeitamento frontal de Parnell, quen chegou a ofrecer a súa dimisión a Gladstone coma parlamentario. Rachou definitivamente co sector máis radical do nacionalismo irlandés, o que axiña se traduciu na perda de peso da IRB en favor do partido de Parnell.
 
=== Fundación do Partido Parlamentario Irlandés ===
En 1882 o seu partido pasou a chamarse Partido Parlamentario Irlandés (IPP), introducindo importantes modificacións. Impuxo un novo sistema de selección para a escolla de parlamentarios comprometidos co partido, coa fin de rematar coa frecuente práctica dalgúns membros que votaban segundo a súa conveniencia, contraviñendo aos seus propios compañeiros. Máis tarde, obrigou mediante o regulamento interno a que todas as votacións fosen en bloque. Estas medidas son vistas hoxe como a acta fundacional do primeiro [[partido político]] moderno.
 
A partir de 1886 Parnell moderou aínda máis o discurso, coa fin de convencer aos votantes ingleses de que o proxecto de autogoberno non representaba unha ameaza para eles. Ata 1890 reuniuse en varias ocasións con Gladstone, daquela na oposición, para negociar o novo proxecto.
 
=== Crise de confianza e falecemento ===
[[Ficheiro:Parnellgrave.jpg|miniatura|200px|Tumba de Parnell no cemiterio católico de Glasnevin, Dublín]]
Parnell iniciou relacións sentimentais con Katharine O'Shea, esposa do seu compañeiro de partido William O'Shea. Finalmente, William e Katharine divorciáronse. A [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] nun primeiro momento gardou silencio, aínda que a práctica do divorcio estaba prohibida por aquel entón e a maior parte dos seguidores parnelitas eran católicos. Sendo como era Parnell a causa do divorcio, a opinión pública inglesa axiu contra el, o que obrigou a Gladstone a pedirlle que abandonase a dirección do IPP, temendo perder as vindeiras eleccións xerais ás que concorrerían en coalición. Varios integrantes do partido, anoxados co seu líder, solicitaron a celebración dunha reunión de urxencia, que se celebraría o 1 de decembro de 1890 en [[Westminster]]. Intentouse chegar a un acordo que pasaba por unha renuncia só temporal de Parnell, pero el rexeitouno aducindo que a independencia do partido non se podía someterse nin a Gladstone nin á Igrexa. Esta falta de acordo provocou que 44 dos deputados asistentes á reunión abandonaran o IPP creando un novo partido, a Federación Nacional Irlandesa, que contou co apoio da xerarquía eclesiástica.
As perdas de apoio sucedéronse, o que non evitou que casase con Katharine o 25 de xuño de 1891. Perdeu tres eleccións locais seguidas, ao tempo que a súa saúde se deterioraba cada vez máis. Padecía doenzas coronarias e renais. Finalmente, finou dun [[infarto]] o 6 de outubro.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://hansard.millbanksystems.com/people/mr-charles-parnell Intervencións parlamentarias de Charles S. Parnell] {{en}}
 
[[pt:Charles Stewart Parnell]]
[[ru:Парнелл, Чарльз Стюарт]]
[[sco:Charles Stewart Parnell]]
[[simple:Charles Stewart Parnell]]
[[sv:Charles Stewart Parnell]]
76.251

edicións