Crenarqueotas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
==Termófilos==
Este grupo comprende as ordes [[Thermoproteales]], [[Sulfolobales]], [[Desulfurococcales]] e [[Caldisphaerales]] (pero propuxéronse cambios), e inclúe as especies coas temperaturas de crecemento máis altas de calquera organismo coñecido. O crecemento óptimo realízase entre 75 e 105 °C, e a temperatura máxima de crecemento para ''[[Pyrolobus]]'' chega a 113 °C. A maioría destas especies non poden crecer por debaixo de 70 °C, aínda que poden sobrevivir por períodos longos a baixas temperaturas. Algunhas especies son acidófilas cun pH óptimo entre 1,5 e 4 e morren a pH 7, e outras son neutrófilas ou lixeiramente acidófilas, crecendo optimamente a un pH de 5,5–7,5. Encóntranse en hábitats volcánicos tales como mananciais quentes continentais e en [[fonte hidrotermal|fontes hidrotermais]] do fondo oceánico, a pouca ou moita profundidade.
 
Os tipos de metabolismo que presentan son diversos, desde [[heterótrofo|quimioorganótrofos]] a [[autótrofo|quimiolitótrofos]]. Os quimiolitótrofos [[aerobio]]s obteñen enerxía da oxidación de varios compostos sulfúricos, hidróxeno ou ferro ferroso, entanto que os quimiolitótrofos [[anaerobio]]s reducen [[xofre]], [[tiosulfato]] ou producen [[nitrato]]s, [[sulfuro de hidróxeno]] ou [[amoníaco]]. Os quimioorganótrofos crecen sobre substratos orgánicos complexos, azucres, aminoácidos ou polímeros. Varias especies son produtores primarios e usan o [[dióxido de carbono]] como fonte única de carbono, obtendo enerxía da oxidación de substancias inorgánicas tales como xofre ou hidróxeno, ou pola redución de xofre ou nitrato.