Diferenzas entre revisións de «Ferrocarril»

dicionario académico: ferrocarril ou ferrovía; camiño de ferro non aparece
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
(dicionario académico: ferrocarril ou ferrovía; camiño de ferro non aparece)
{{Ortografía}}
[[Ficheiro:Locomotora mikado.jpg|miniatura|200px|Locomotora Mikado no ''Museo do Ferrocarril de Delicias'' en [[Madrid]].]]
O '''ferrocarril''' ou ''camiño de ferro'ferrovía''' é o modo de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por dous carrís metálicos que se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixan á plataforma pola que discorren. Orixinariamente os carrís foron de ferro, aínda que hai antecedentes de madeira, de ahí o nome de ferrocarril, que atoparemos como ferro-carril nas antigas publicacións. A partir de 1870 os carrís foron construídos de aceiro.O termo inclúe tamén os [[tren]]s e as instalacións anexas. A eficacia do ferrocarril como modo de transporte está sometido ó compromiso de equilibrar o suposto ideal en canto a seguridade e mínimo consumo enerxético –a vía perfectamente recta cun desnivel 0–, pero máximo custe de construción, e a capacidade de adaptálo trazado ás características orográficas e o relevo do terreo polo que tal vía discorre ó mínimo custe económico e ambiental posible.
 
No universo do ferrocarril hai que distinguir: a infraestrutura, a obra civil e o material rodante. A infraestrutura agrupa tódolos elementos de enxeñería precisos para o desenvolvemento do transporte: plataforma, vías, pontes, viadutos, tuneis, tendido eléctrico ou catenaria, sistema de sinalización, sistemas de seguridade, etcétera. A obra civil, inclúe as construcións necesarias para relacionar o ferrocarril cos seus usuarios: estacións, almacéns, plataformas... Para rematar, o material rodante é o conxunto de elementos móbiles que permiten a existencia do transporte ferroviario e que especialmente coñecemos polo nome de [[tren]]. Clasifícase, en primeira instancia, en: material motor, que agrupa os elementos de tracción (locomotoras e tractores de manobras), e material remolcado que está formado polos vehículos adicados ó transporte de mercadorías, [[vagón]]s de pasaxeiros ou coches e doutros servizos como os postais que son denominados [[furgón]]s. Hai unha terceira categoría, dentro desta clasificación, que é a formada polo material autopropulsado: son unidades nas que a motorización e a tracción está instalada ó longo da composición, como acontece nos automotores e nas unidades eléctricas chamadas tranvías, ou conta con cabezas motrices en ámbolos dous estremos da composición formando unha unidade indivisible, como sucede nas modernas unidades eléctricas e algúns trens de alta velocidade.
1.749

edicións