Diferenzas entre revisións de «Henrique, duque de Viseu»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m
En 1415, foi armado cabaleiro e recibiu os títulos de [[Duque de Viseu]] e Señor da [[Covilhã]]. O [[18 de febreiro]] de [[1416]], foi encargado do Goberno de Ceuta. Cabialle organizar no reino o mantemento da Praza marroquí.
 
En [[1418]], voltou a Ceuta na compañía de D. [[Xoán, Infante de Portugal|Xoán]], o seu irmán máis novo. Os Infantes dirixían unha expedición de socorro á cidade, que sufriu nese ano o primeiro longo asedio, imposto conxuntamente polas forzas dos reis de [[Fez]] e de [[Reino de Granada|Granada]]. O cerco gorou - e D. Henrique tentou de inmediato atacar Xibraltar, pero o mal tempo impediuo de desembarcar: manifestaba así unha vez máis a temeridade e fervor antimusulmano do Infante. Ao regresar a Ceuta recibiu ordes de D. Xoán I, para non continuar tal proxecto, polo que volveu para o reino nos primeiros meses de [[1419]]. Montou por esta época unha armada de corso, que actúa na zona do estreito de Xibraltar a partir de Ceuta. Dispuña de máis unha fonte de ingresos e moitos dos seus homes habituaranse, así, ao mar. Algúns deles serían desviados, máis tarde, para outras viaxes cara a novos destinos.
 
En [[1419]]-[[1420]] algúns dos seus escudeiros, João Gonçalves Zarco e Tristão Vaz Teixeira, desembarcaron entón nas [[Arquipélago de Madeira|illas Madeirense]], que xa era visitada por navegadores portugueses desde o século anterior. As illas resultaron de gran importancia producindo grandes cantidades de [[cereal|cereais]], minimizando a escaseza que aflixen Portugal. O arquipélago foi doado a D. Henrique polo seu irmán o rei D. [[Duarte de Portugal|Duarte]], sucesor de D. Xoán I, en [[1433]].
19.713

edicións