Rato knockout: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
#O xene que se quere anular mediante o knockout íllase dunha [[libraría de xenes]] de rato. Despois, créase por enxeñaría xenética unha nova secuencia de ADN moi similar á do xene orixinal que se quere anular e á súa secuencia veciña, pero á que se lle fan os suficientes cambios para facer ese xene inoperativo. Normalmente, á nova secuencia se lle engade un [[xene marcador]], un xene que os ratos normais non teñen e que lle confire resistencia a algún determinado axente tóxico ou que produce un cambio observable (por exemplo, cor ou fluorescencia).
#Íllanse [[célula nai|células nais]] dun [[blastocisto]] de rato ([[embrión]] nunha das súas fases iniciais) e cultívanse ''[[in vitro]]''. Para explicar o exemplo, supoñamos que se toma unha célula nai dun rato branco.
#A nova secuencia de ADN creada no punto 1 introdúcese agora nas células nais do punto 2 por [[electroporación]] (pequenas descargas eléctricas que favorecen a permeabilidade das membranas). O proceso natural da [[recombinación xenética]] de homólogos consiste neste caso en que algunhas das células nais electroporadas incorporan aos seus [[cromosoma]]s a nova secuencia de ADN co xene anulado (knocked-out) en lugar do xene orixinal. As probabilidades de éxito nesta recombinación son relativamente baixas, polo que a maioría das células alteradas terán a nova secuencia en só un dos dous [[cromosomas homólogos]] onde está o xene en cuestión, polo que estará en [[heterocigoto|heterocigose]].
#As células nais que incorporaron o xene "noqueado" (knocked-out) son separadas das células que quedaron inalteradas utilizando o xene marcador do paso 1. Por exemplo, poden matarse as células inalteradas utilizando un axente tóxico ao cal as células alteradas son resistentes porque o xene marcador lles dá resistencia a el.
#As células nais que si sufriron o knockout do punto 4 insírense nun blastocisto de rato. No noso exemplo utilizaremos blastocistos de rato gris. Os blastocistos conteñen agora dous tipos de células nais: as orixinais do rato gris, e as células co xene anulado por knockout do rato branco. Estes blastocistos implántanse no [[útero]] dunha femia de rato, onde se desenvolverán ata o nacemento. Os ratos recén nados serán, por tanto, [[quimera (xenética)|quimera]]s, xa que parte das súas células teñen unha procedencia (as células nais orixinais) e outras outra (as células nais "noqueadas" ou knocked-out). A pel dos ratiños terá manchas brancas e grises, as brancas derivadas das células nais "noqueadas" e as grises das células nais orixinais do blastocisto receptor.