Cigosidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
==Hemicigoto==
Un individuo diploide é hemicigoto cando só ten unha copia dun xene para un determinado carácter, xa que a outra copia non está presente. Por tanto só terá un alelo.<ref name="Henderson's"/> O organismo denomínase ''hemicigoto'' e o fenómeno ''hemicigose''. A hemicigose dáse cando unha copia do xene sofre [[deleción]] ou no sexo heterogamético (con cromosomas sexuais distintos) cando o xene estudado está localizado na porción do cromosoma que non está presente no outro cromosoma sexual máis pequeno, como ocorre en humanos nos machos, que son XY e o cromosoma yY é moito máis pequeno. Nos humanos a maioría dos xenes do [[cromosoma X]] son hemicigotos nos nmachos e denomínanse caracteres ligados ao sexo, xa que non se herdan en igual proporción en machos ca en femias. Nun caso máis extremo, os machos das [[abella]]s, que son [[haploide]]s, son completamente hemicigotos. Os ratos [[organismo transxénico|transxénicos]] orixinados por microinxección dun ADN exóxeno nas fases iniciais embrionarias considéranse tamén hemicigotos, porque o alelo introducido artificialmente é incorporado nun locus nunha soa copia. Os transxénicos poden despois ser emparellados para facelos homocigotos.
 
==Nulicigoto==