Cleveland Cavaliers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: yo:Cleveland Cavaliers
Sen resumo de edición
Liña 27:
 
== Historia da franquía ==
Os Cavaliers comezaron a xogar na NBA en [[1970]] coma unha nova franquiciafranquía, sen vir doutra cidade. Baixo a dirección do adestrador [[Bill Fitch]] acadaron o peor récord da liga, 15-67. Con todo, o equipo comezouse a construír ó redor da elección do draft de [[1971]], [[Austin Carr]], quen foi capaz de anotar 63 puntos nun só encontro.
 
Na tempada 1975-1976, con Carr, [[Bingo Smith]], [[Jim Chones]], [[Dick Snyder]] e o recentemente adquirido [[Nate Thurmond]], Fitch liderou ós Cavs a un balance de 49-33, o mellor da [[División Central]]. Recibiu o premio ó [[Adestrador do Ano]] e os Cavs fixeron a súa primeira aparición nos playoffs.
Liña 33:
Cleveland logrou gaña-las series contra os [[Washington Wizards|Washington Bullets]], 4-3, e por mor dos moitos tiros anotados no derradeiro segundo dos sete partidos a rolda foi coñecida no área local como "A Milagre de Richmond". Sen embargo na segunda rolda o equipo viuse afectado polas lesións, particularmente pola de [[Jim Chones]], e os Cavs perderon contra os [[Boston Celtics]] na final da [[Conferencia Leste]].
 
Xa nos 80, o novo dono [[Ted Stepien]] asinou e despidiu toda unha serie de adestradores, fixo malos intecarmbios e unha mala política de fichaxes de axentes libres. Precisamente esta mala política no referente ó transpaso de xogadores costoulle ó equipo varias eleccións de primeiras roldas, o que levou á [[NBA]] a impoñer unha norma pola que se prohibiu ós equipos dar coma pago por un xogador elección de primeira rolda do draft en anos consecutivos, norma coñecida como "A norma de Ted Stepien". Ademais, tamén ameazou con muda-la franquiciafranquía a [[Toronto]], pero os irmáns [[George Gund|George]] e [[Gordon Gund]] mercaronna a mediados dos 80 e decidiron mante-lo equipo na cidade. De feito, Toronto conseguiría unha nova franquiciafranquía en [[1993]].
 
En [[1986]], sendo os irmáns Gund os donos da franquiciafranquía, o equipo adquiriu mediante o draft ou en intercambios varios a [[Brad Daugherty]], a [[Mark Price]], a [[Larry Nance]] e a [[Ron Harper]]. Estos xogadores (excepto Harper, mandado ós [[Los Angeles Clippers|Clippers]] polos dereitos sobre [[Danny Ferry]]) serían o núcleo do equipo que levaría ós Cavs a oito aparicións nos playoffs nas seguintes nove tempadas, e en tres delas con máis de 50 vitorias en tempada regular. En [[1989]] os Cavs xogaban contra os [[Chicago Bulls]] en playoffs, coa vantaxe de cancha e ó mellor de cinco partidos. No cuarto partido, Cleveland logrou gañar no tempo extra 108-105, recuperando a vantaxe de cancha perdida anteriormente. No quinto encontro, estaban empatados ata que Cleveland logrou anotar para liderar por un punto a tres segundos do final. Chicago pediu un tempo morto. Na reanudación, déronlle o balón a [[Michael Jordan]], que lanzou á canastra. [[Craig Ehlo]] saltou para intentar tapona-lo lanzamento, pero Jordan parecía manterse no aire mentres Ehlo xa caía, e cando aterrou, Jordan lanzou. "[[O Tiro]]" entrou na canastra sobre a bociña, e Chicago gañou as series 3-2. Este tiro gañador é considerado un dos momentos cume da carreira de Jordan, e o propio partido como un dos mellores da historia. Pero o momento cume dos Cavaliers chega na tempada 1991-1992, cando acadaron un balance de 57-25 e chegaron ás finais da [[Conferencia Leste]], perdendo de novo contra os Chicago Bulls por 4-2. Como se pode ver, Cleveland non tivo moito éxito nos playoffs neste período.
 
Despois diso, chegou o declive. Cos retiramentos e as saídas de Nancy, Daugherty e Price, o equipo perdeu o seu poder e non foi capaz de loitar ata moito tempo despois polos playoffs, onde antes soían te-lo maior problema contra os Bulls.
Liña 43:
Máis tarde, xogadores como [[Ricky Davis]] ou [[Zydrunas Ilgauskas]] chegaron ó equipo, aumentando a calidade, pero de maneira infrutuosa.
 
E tralos días de gloria dos Cavs chegaron varias tempadas desastrosas. Véronse ós Cavs no fondo da clasificación, converténdose nun dos equipos habituais no sorteo das posicións do draft. Tras outra tempada decepcionante, a 2002-2003, os Cavs conseguiron a elección número un no draft, utilizada para elixir a [[LeBron James]], directamente do instituto. A condición de James coma estrela local (xogou no Instituto St. Vicent-St. Mary na cercana [[Akron]]) e cunha das meirandes perspectivas da historia da NBA conduciu a moitos a ve-la súa selección como un punto de inflexión na historia da franquiciafranquía. A tempada 2003-2004 amosou unhas grandes esperanzas para o futuro, cun James que se estaba a converter nun dos xogadores máis dominantes da liga e que gañaba o premio ó [[Rookie do Ano]]. Esas esperanzas eran aínda máis grandes para a tempada 2004-2005. James convertiuse nunha superestrela consolidada, incrementando o seu promedio de puntos, de tiros anotados, de asistencias e de rebotes. A pesares da perda de [[Carlos Boozer]] baixo circunstancias moi dubidosas, James formou o núcleo do equipo xunto a [[Drew Gooden]] e [[Zydrunas Ilgauskas]]. Despois dun prometedor comezo no que chegaron a ser quintos de conferencia, os Cavaliers entraron nunha espiral negativa que conduciu ó despido do adestrador [[Paul Silas]] e do [[general manager]] [[Jim Paxson]]. Os Cavs non se calificaron para os playoffs nese ano, xa que empataron cos [[New Jersey Nets]] na oitava praza, sendo estes últimos os favorecidos polo desempate.
 
A pretempada de [[2005]] foi de moitos cambios. Contratouse a un novo adestrador, [[Mike Brown]], e a un novo [[general manager]], o antigo ala dos Cavs [[Danny Ferry]]. Tamén asináronse ós axentes libres [[Larry Hughes]], [[Donyell Marshall]] e [[Damon Jones]], este último durante catro anos pos 16 millóns de dólares e ó resto con contratos de máis de un ano. Xunto ó novo dono, [[Dan Gilbert]], a directiva dos Cavaliers era na súa meirande parte novta nos seus respectivos postos. Pero a pesares da relativa inexperiencia dos recén chegados , a franquiciafranquía depositaba-las súas esperanzas en LeBron James, comparado por moitos con [[Michael Jordan]].
 
Os Cavs son o equipo con máis anos na NBA dos que nunca chegaron a unhas finais polo título.
Liña 53:
Na segunda rolda, os Cavs perderon os dous primeiros partidos contra os [[Detroit Pistons]], pero gañaron os tres seguintes, incluíndo un no [[Palace of Auburn Hills]], provocando a única racha de tres derrotas consecutivas dos Pistons en toda a tempada. Pero perderon o sexto e o sétimo partido (79-61). Este derradeiro partido da serie produciu dous récords de dubidosa honra para os Cavaliers, o de menos puntos anotados nun sétimo partido e empataron o de menos puntos anotados nunha mitade con 23.
 
Estas dúas roldas de playoffs foron unha mostra da proxección de [[LeBron James]], que á idade de 21 anos xa acadou moitos récords do tipo "o máis xoven en...". E o máis importante, marca o renacer dunha franquiciafranquía que unha vez estivo entre as máis fortes da liga.
 
== Os Cavs tempada por tempada ==