Cromosoma homólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
==Ploidía==
{{AP|Ploidía}}
A [[ploidía]] dun organismo depende do número de copias homólogas que ten de cada cromosoma. O número de cromosomas distintos (non homólogos) do organismo é o número monoploide (non é exactamente o mesmo ca o número haploide, xa que nos diploides ambos os dous coinciden, pero nos poliploides non).
 
A maioría das plantas e animais son organismos [[diploide]]s. Os seus cromosomas aparecen en pares, xa que cada cromosoma ten un homólogo, pero están separados no núcleo da célula e só se xuntan na profase I da [[meiose]]. Cando na meiose se forman os gametos o número de cromosomas redúcese á metade e os gametos serán [[haploide]]s, xa que todos os seus cromosomas son distintos e non hai pares de homólogos.