Conquista española do Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Acerto (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
[[Francisco Pizarro]] atraído polas novas de riqueza en asociación con [[Diego de Almagro]] con financiamento de [[Hernando Luque]] ofreceuse en [[1524]] ao gobernador [[Pedrarías Dávila]] para realizar unha expedición cara o sur, tardaron dez meses en prepararen as naves e sairon de porto o [[14 de novembro]] de 1524, a viaxe resultou un fracaso pero como a volta a gobernaduría está vacante saen nunha segunda expedición en 1526 chegando tras diversas penalidades ao norte do [[Imperio Inca]] dando noticias ao voltar de veren unha terra rica, poderosa e ordenada.
 
O propio Pizarro vai a España para perdirlle permiso ao rei para conquistar a terra inca, o [[26 de xuño]] de [[1529]] asínanse as capitulacións nomeando a Pizarro gobernador, a Almagro alcalde de Tumbez e a Luque bispo coa obriga de prepararen unha expedición, Pizarro pasa por [[Estremadura]] para reclutar xente antes de embarcarse para América e xa a comezos de [[1531]] sae a expedición, tres barcos e 180 homes. A expedición foi devagar ata chegar a Tumbez, onde desembarcaron para continuar por terra e o [[15 de novembro]] de [[1532]] entran en [[Cajamarca]], ao día seguinte, [[16 de novembro]], cando o inca [[Atahuallpa]] sae do seu campamento para esixir os casteláns que saian da cidade, Pizarro fai prisioneiro a [[Atahuallpa]].