Dolores Ibárruri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Castela - Castilla
m →‎Traxectoria: Revolución Rusa de 1917
Liña 16:
Seu pai, Antonio Ibárruri, era un mineiro vasco, vello militante [[carlismo|carlista]], e súa nai, Dolores Gómez, era de orixe [[Castela - Castilla|castelá]]. Durante a súa infancia e primeira mocidade Dolores era extremadamente relixiosa, estudou corte e confección e traballou como serventa nunha familia acomodada. O [[15 de febreiro]] de [[1916]] casou co tamén mineiro e activista obreiro Julián Ruiz e, dous anos máis tarde, participou na folga xeral de agosto, na que foi detido o seu home, polo que, segundo contou ela posteriormente, nunca foi feliz. Despois ingresou no [[Partido Socialista Obrero Español]] ([[PSOE]]) como membro da agrupación da zona mineira de [[Somorrostro]] (Biscaia) e en [[1918]] utilizou por vez primeira o [[pseudónimo]] "La Pasionaria" no artigo "Hipocresía religiosa" publicado en ''El Minero Vizcaíno'' durante a semana de Paixón.
 
Cando en abril de [[1920]] xurdiu o embrión do que nacería o [[Partido Comunista de España]] ([[PCE]]), a agrupación de Somorrostro incorporouse a el, e con ela a propia Ibárruri, impresionados polo triunfo da [[Revolución rusaRusa de 1917|Revolución Bolxevique]]. Asistiu, como delegada pola provincia de [[Biscaia]], ao I Congreso do [[PCE]], celebrado en [[1922]], e pasou a integrar o Comité Central do partido en [[1930]]. En setembro de [[1931]], pouco despois da instauración da [[Segunda República Española|II República]], fixou a súa residencia en [[Madrid]] e formou parte da redacción do órgano de prensa do [[PCE]], ''[[Mundo Obrero]]''. Despois de ser encarcerada pola súa actividade política dende outubro de [[1931]] ata xaneiro de [[1932]], participou en marzo no congreso do partido en [[Sevilla]], pero despois foi outra vez prendida ata xaneiro de [[1933]]. Un ano despois, en [[1934]] acudiu a [[Moscova]] para participar nunha reunión da [[III Internacional]] (a chamada "Internacional Comunista"). A esta cidade regresaría un ano máis tarde para intervir no VII Congreso de dito organismo, que a elixiu membro suplente do seu Comité Executivo. Este Congreso propugnou a colaboración entre os partidos obreiros e as formacións políticas burguesas de esquerdas, o que facilitou a creación da [[Fronte Popular]] española en xaneiro de [[1936]]. De feito a Pasionaria, nas eleccións de [[1936]], presentouse como candidata desta coalición electoral, saíndo elixida deputada grazas ao triunfo da dita coalición nas eleccións.
 
Durante a [[Guerra Civil]], que comezou en xullo de [[1936]], foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan celebres como a de "¡No pasarán!"<ref>Frase orixinal de [[Petain]] en [[Verdún]]</ref> e "antes morir de pie que vivir de rodillas"<ref>Frase orixinal de [[Emiliano Zapata]]</ref> que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido. En marzo de [[1939]], tras o golpe de estado do coronel [[Segismundo Casado]], que destituíu a [[Juan Negrín]], o que por aquel entón era presidente da [[II República española]], Dolores Ibárruri comezou o seu longo exilio na [[URSS]]. Nese país sucedeu a [[José Díaz]] como secretaria xeral do [[PCE]] en [[1942]], e en [[1960]] foi substituída á súa vez nese cargo por [[Santiago Carrillo]] para pasar a converterse na presidenta do partido. Coa morte de [[Francisco Franco]] regresou a [[España]] en maio de [[1977]] e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu. É autora de memorias e de obras sobre a historia da [[Guerra Civil]] e do [[Partido Comunista de España]].