Diferenzas entre revisións de «Paul Tillich»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
mSem resumo de edição
A literatura é pródiga en loubanzas á grandeza do [[universo]] físico que apunta ao [[misterio]] cualitativo das estruturas de cada partícula do mesmo, así como á estrutura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en [[Grecia]]. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(''agape''). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da [[alienación]] do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a el.
 
Na mensaxe cristiá, centrada no acontecemento de [[Xesús de Nazareth]], atópase a resposta ao dilema humano. Deus aparece como o substrato, a fondura de todo [[Ente|ser]] fronte a ameaza de non-ser na que se debate a existencia humana. Non é un ser senón o Ser mesmo. Só quen rexeita seriamente a a profundidade da realidade pode ser denominado ateo.
 
No feito cristiá ese Deus participa plenamente na dimensión finita e negativa do home, cuxa máxima expresión é a morte en cruz. E faino para pasar á plenitude da vida do ser na [[resurrección]].
19.822

edicións