Escurecemento global: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 26:
Experimentos realizados nas [[Maldivas]] (comparando a atmosfera das illas situadas ó norte coas do sur) nos 90 mostraron que os efectos dos contaminantes da atmosfera daquel momento (empuxados cara ó sur desde a [[India]]) producían aproximadamente un 10% de redución da luz solar que acadaba a superficie na zona baixo a nube de [[contaminación]], unha redución moito maior da esperada pola soa presenza das partículas<ref>[http://www.google.co.uk/search?q=cache:uaKeKseXPHcJ:www.unep.org/GC/GC22/Document/Executive%2520Summary.pdf+VEERABHADRAN+RAMANATHAN+maldives&hl=en artigo]</ref>.
 
Antes de emprender as investigacións, as predicións apuntaban a que os aerosois antrópicos contribuían entre un 0,5% e un 1% ó efecto; a variación observada na predición se explica pola formación de nubes nas que as partículas actúan como núcleos de formación dun maior número de gotas inda que de menor tamaño. Estas novas nubes, como se dixo antes, son máis eficaces [[reflexiónReflexión (física)|reflectindo]] a luz de volta ó espazo.
 
Pero outro estudo viría a avalar dita hipótese por unha vía totalmente distinta. Trátase do '''índice de evaporación en tanque'''. Durante moito tempo tanto agricultores como meteorólogos en moitas partes do mundo veñen realizando anotacións da cantidade de auga evaporada cada día. O nome deste indicador vén do feito de que cada día se mide canta auga se evaporou dun determinado tanque que se enche ata a mesma marca para volver a deixalo exposto un día máis. Os resultados viñan sendo contradictorios co quentamento global existente e pasaron desapercibidos ata que deron con eles os estudosos do novo fenómeno do escurecemento. O feito era que o índice de evaporación en tanque diminuía. É dicir que cada vez se evaporaba menos auga. Isto contradicíase, aparentemente, co feito de que cada vez había máis calor. Pero facendo os pertinentes cálculos físicos pódese comprobar que o elemento que máis contribúe á [[evaporación]] non é nin a [[temperatura]] nin a [[humidade]] senón a irradiación solar. Porque son os [[fotón]]s ó impactar sobre a superficie da auga os que aportan a enerxía suficiente para que estes se desprendan do resto de [[molécula]]s ás que se encontran adheridos polas [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]]. Así pois, a única conclusión posible a ditas medicións era que, cada vez, nos chegaba menos radiación do [[Sol]].