Claudio II o Gótico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎O seu reinado: Reino de Macedonia
Liña 12:
Despois de rematar coa rebelión de Aureolo, en parte para loitar contra os [[alamán]]s, que invadiran [[Italia]]. Vénceos nas ribeiras do [[lago Garda]], preto de [[Verona]].
 
A máis formidable ameaza contra o Imperio vén o ano siguinte, o [[269]] coa invasión dos [[godos]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]], onde se xuntou un exército de máis de 300.000 homes. Claudio venceunos en [[Naissus]], actual [[Niš]] na [[Dardania]]. Nun só día morreron máis de 50.000 godos, fixo numerosos prisioneiros e a cabalaría goda quedou destruída polo xeneral [[Aureliano]], quen despois sería emperador. O máis salientable é que os godos se retiraron máis aló do [[Danubio]] e non voltaron ser unha ameaza para o imperio durante un século. Esta vitoria, unha das maiores das armas romanas, valeulle o sobrenome de ''Gótico'', co que pasaría á historia.
 
Tamén loitou contra o [[Imperio Galo]], que quedara moi debilitado trala morte de [[Póstumo]]. Atacou e tomou o control da [[Galia Narbonense]] así como da [[Hispania]], que estaba en total indefensión, despois de ser invadida polos [[franco]]s e caer nas súas mans pola escasa defensa e a inexperiencia dos lexionarios dos emperadores galos.