Basilio I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Macedonia (rexión histórica)
Liña 1:
[[Ficheiro:Basil&leo.jpg|miniatura|250px|''Basilio I'' e o seu fillo [[León VI o Sabio|León VI]].]]
'''Basilio I''' (chamado o '''[[Macedonia|Macedonio]]''', [[811]] - [[29 de agosto]] de [[886]]), [[emperadores bizantinos|emperador bizantino]], naceu nunha familia procedente de [[Armenia]] (de orixe non-[[eslavos|eslava]]), asentada en [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]].
 
Pasou parte da súa nenez en catividade en [[Bulgaria]], onde a súa familia viviu cativa do príncipe búlgaro [[Krum de Bulgaria|Krum]] desde [[813]]. Logrou escapar e tivo ademais a fortuna de entrar ao servizo de Teofilitzes, un parente do [[césar (título)|césar]] [[Bardas]] (tío do emperador [[Miguel III]] 'o Borracho'), como paxe. Estando ao servizo deste, visitou a cidade de [[Patras]], onde se gañou o favor de Danielis, unha rica dama que o tomou ao seu servizo e o dotou dunha gran fortuna. Por outra banda, pronto lograría tamén converterse en compañeiro e membro da garda persoal (''[[Títulos e cargos do imperio bizantino|parakoimomenos]]'') de [[Miguel III]].