Coloso de Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
Unha embarcación que chegase á [[Illa de Rodas|illa grega de Rodas]], no [[Mediterráneo]], por volta do [[-280|280 a.C.]], pasaría obrigatoriamente entre as pernas da enorme estatua de [[Apolo]] (Helio, para os romanos), deus do [[Sol]] e protector do lugar. É que o Coloso de Rodas, como foi chamada a sétima marabilla do mundo, tiña un pé fincado en cada marxe do canal que daba acceso ao [[Porto (comunicacións)|porto]]. Con 30 metros de altura, toda de [[bronce]] e oca, a estatua comezou a ser esculpida en [[-292|292 a.C.]], polo escultor [[Chares de Lindos]], unha das cidades da illa, que a concluíu doce anos despois. Contase que o pobo de Rodas mandou construír o monumento para conmemorar a retirada das tropas do rei [[Reino de Macedonia|macedonio]] [[Demetrio Poliorcetes]], que promovera longo cerco á illa na tentativa de conquistala. Demetrio era fillo do xeneral [[Antígono]], que após a morte de [[Alexandre o Grande]], herdou unha parte do imperio grego.
 
O material empregado na escultura foi obtido a partir da fundición dos armamentos que os macedonios alí abandonaran. A estatua ficou en pé por apenas 55 anos, cando un [[terremoto]] a tirou no fondo da baía de Rodas onde ficou esquecida até a chegada dos [[árabeArabia|árabes]]s, no [[século VII]]. Estes, entón, quebrárona e vendérona como un obxecto inútil. Para ter unha idea do volume do material, foron necesarios novecentos [[camelo]]s para transportalo. Esa, que foi considerada unha obra marabillosa, levou a Chares a suicidarse despois de tela terminado, desgustado co pouco recoñecemento público ao monumento.
 
== Historia ==
Liña 20:
 
==== Posible método de construción ====
Os [[enxeñeiro]]s modernos teñen teorizado unha hipótese plausible de como se construíu a estatua, baseada na tecnoloxía daqueles días, que non se fundamentaba nos principios modernos de enxeñaría antisísmica, e nos relatos de Filón e [[Plinio o Vello|Plinio]].
 
O pedestal da base, de polo menos 18 m de diámetro, foi circular ou octogonal. Os pés foron tallados en pedra e cubertos con placas de bronce finas cravadas xuntas e oito barras de ferro forxadas en posición horizontal formaban os nocellos, erguéndose seguindo as liñas das pernas, sendo cada vez máis pequenas. Individualmente, cada placa de bronce fundido era de 60 polgadas cadradas (0,04 metros cadrados), unidas por remaches a través de buracos, formados durante a coada, para formar unha serie de aneis. As placas eran de menos de 25 mm de espesura no xeonllo e 19 milímetros entre os xeonllos e o abdome, mentres que as placas superiores eran de entre 6 e 12 milímetros, excepto cando se requiría unha forza adicional nas articulacións, como nos ombreiros, pescozo, etc. As pernas debían estar enchidas polo menos até os xeonllos con pedras para que fose estable.