Diferenzas entre revisións de «Panfilia»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: tr:Pamfilya)
m
As principais cidades serían Lirnas ou Lirnessos, Ténedos, Olbia, [[Córico]], [[Aspendo]], [[Perge]], Silion, [[Side]], [[Cibira]] e Ptolemais.
 
Segundo [[Plinio o Vello]] o país chamouse antes Mopsopsia, de [[Mopso]], o xefe dun grupo de gregos que se estableceron alí despois da [[guerra de Troia]].
 
Sometido o país por Persia, os panfilios serían un pobo pouco importante que só aportou 30 barcos á guerra contra [[Atenas]] ao comezo do [[século -V]]. (os licios aportaron 50 e os cilicios 100). Sometidos facilmente a [[Alexandre o Grande]], á súa morte quedaron no poder de [[Antígono]] e, despois do [[-301]] dos [[seléucidas]]. Despois da paz de [[Apamea]] pasou a Roma ([[-188]]) e a rexión foi incorporada ao [[reino de Pérgamo]] co que pasou a Roma o [[-133]], formando parte da provincia de [[Asia, Provincia romana|Asia]]. Os panfilios participaron a miúdo nas piraterías dos seus veciños cilicios e os seus portos serían unha especie de refuxio de seguridade para os cilicios. Cando se creou a provincia de [[Cilicia]] foi incluída nela, pero retornou a Asia o [[-43]]; o [[-31]] foi incorporada a [[Galacia]] e o ano [[70]] creouse unha provincia que se chamou [[Licia e Panfilia]], da que formou parte. Baixo [[Constantino I o Grande]], antes do [[325]], a provincia dividiuse nas de Licia e de Panfilia.
19.713

edicións