Ecbatana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
Antigamente chamábase '''Hamgmatana ''' ([[lingua elamita|elamita]] '''Agmadana''', [[lingua acadia|acadio]] '''Agamatanu''') que querería dicir "lugar de reunión" (o elamita "terra de medos" sería '''Halmatana'''). Os gregos chamárona '''Ekbatana''' ou '''Agbatana''' e os romanos '''Ecbatana'''. Na [[Biblia]] menciónase co nome [[lingua aramea|arameo]] '''Ahameta'''. En [[lingua armenia|armenio]] era '''Ahamatan''' ou '''Hamatan''' e tamén '''Ekbatan'''.
 
Segundo [[Heródoto]], Ecbatana foi capital dos medos desde aproximadamente o [[-750]]. [[Deioces]] foi escollido rei nesta cidade. A cidade foi capturada por [[Ciro II]], que derrotou a [[Astiaxes]] sobre o [[-549]] e levouse os tesouros a [[Anshan, Persia|Anshan]]. A cidade foi declarada capital de verán da dinastía e tiña probabelmente o arquivo real. [[Plinio o Vello]] di que a cidade era gobernada polos ''magi'' (magos = sacerdotes). [[Darío I]] fíxose forte en Ecbatana durante a revolta do pretendente medo Fravartes ou [[Fraortes]] e, cando foi capturado, foi levado á cidade e foi mutilado e executado ([[-521]]). [[Artaxerxes II]] erixiu unha estatua de Anahita ou Anauhed na cidade, pero tamén noutras grandes cidades do imperio. O palacio real é descrito por [[Polibio]].
 
[[Alexandre o grande]] entrou en Persia o [[-331]] e visitou Ecbatana por dúas veces: a primeira o [[-330]] cando marchou desde [[Persépolis]] en persecución de [[Darío III]] ata Ecbatana, onde capturou o tesouro real; o seu lugartenente [[Parmenio]] quedou na cidade para supervisar as comunicacións, pero foi pronto asasinado por orde de Alexandre; o tesouro ficou na cidade. A segunda vez foi o [[-334]] e naquela ocasión morreu nela o seu íntimo amigo [[Hefestión]]. As murallas da cidadela serían demolidas (a cidade non tiña murallas exteriores).