Espiroquetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm <ref name=Brock>M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.</ref>. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado ''cilindro protoplásmico''. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
 
Spirochaetes distínguese dos demais filos bacterianos pola posesión duns [[Flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelos]] especializados denominados ''filamentos axiais'', que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no [[espazo periplásmico]]). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un tirarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada estremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula. <ref name=Brock/>
 
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de [[ágar-ágar|ágar]].