Praxíteles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
Poucas cousas sábense da vida de Praxíteles: non se sabe sequera con certitude o ano do seu nacemento nin o da súa morte. As fontes literarias son abondosas mais tardías, ningunha delas é anterior ao [[século III]].<ref>Ajootian [1998], p.&nbsp;92.</ref>
 
Nado en [[Atenas]] cara ao [[-400]], formado xunto ao seu pai [[Cefisódoto o Vello]], desenvolveu a súa máxima actividade artística entre os anos 370 e 340. [[Plinio o Vello]] sitúa o seu apoxeo artístico despois da 104.ª olimpíada (isto é, en [[-364]] a [[-361]]) e sinala que [[Eufranor]] foi un escultor contemporáneo seu.<ref name="HN34-50">''[[Historia Natural]]'' de [[Plinio o Vello|Plinio]] (XXXIV, 50).</ref> Esta proposta cronolóxica está corroborada pola base dunha estatua asinada por Praxíteles, que leva a dedicatoria de «Kléiokratéia, muller de [[Spoudias]]»: este Spoudias é coñecido como o adversario de [[Demóstenes]] nunha alegación que data de [[-361|361&nbsp;a.&nbsp;C.]]<ref>''Contre Spoudias'' [http://remacle.org/bloodwolf/orateurs/demosthene/spoudias.htm]. Pasquier, «Éléments de biographie», p.&nbsp;23.</ref> [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] di respecto diso «a terceira xeración despois de [[Alcámenes]]»,<ref name="Pau8-9">''Descrición de Grecia,'' de [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] (VIII, 9, 1).</ref> alumno de [[Fidias]], polo grupo dos Letoidas de [[Mantinea]]. Considérase xeralmente que Praxíteles naceu cara ao ano [[-400]]<ref>Pasquier [2007], «Éléments de biographie», p.&nbsp;19 ; Muller-Dufeu, p.&nbsp;481 ; Rolley, p.&nbsp;242.</ref>
Estivo asociado con Friné, unha famosa cortesá que lle serviu de modelo e que tamén foi a súa amante. Esta circunstancia podería probar que se trataba dun artista con recursos económicos, como tamén amosaríao o feito de que fose honrado co padroado dun dos coros de Atenas, algo que debíase pagar. Foi tamén popular entre o pobo, que gustaba de adquirir os seus traballos aínda que Praxíteles non fose inclinado a iso.