Asociación de Transporte Aéreo Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 6:
== Historia ==
A IATA formouse o [[19 de abril]] de [[1945]], en [[La Habana]], [[Cuba]]. É a sucesora da International Air Traffic Association, fundada n'[[A Haia - Den Haag|A Haia]] en [[1919]], o ano en que se ralizaron os primeiros servizos regulares no mundo. No momento da súa creación a IATA tiña 57 membros de 31 nacións, principalmente de [[Europa]] e [[Norteamérica]]. Na actualidade está composta por 243 membros (en abril do 2012) de 126 países de todo o mundo.
 
== Actividades ==
Unha das súas principais funcións é a de fixar prezos para os voos internacionais. Nun acordo que se remonta ao ano [[1944]], as tarifas de prezos internacionais establecéronse a través de acordos de gobernos bilaterais e non por mecanismos do mercado. Ás aeroliñas se lles garantíu unha exención especial por cada unha das principais autoridades reguladoras do mundo para consultar os prezos dunhas e doutras a través deste corpo.
 
Orixinalmente tanto a aviación doméstica como a internacional estiveron fortemente reguladas pola IATA. Dende [[1978]] nos [[Estados Unidos]] e posteriormente en [[Europa]], a des-regulación doméstica destacou os beneficios dos mercados abertos para os consumidores, ao baixar os prezos e ao facerse as redes máis eficientes. Isto levou á creación de acordos bilaterais de "ceos abertos" que debilitaron o papel da IATA como reguladora de prezos. Hai negociacións en marcha dende o ano [[2003]] para crear un mercado aeronáutico completamente des-regularizado no espazo aéreo europeo e estadounidense.
 
En anos máis recentes, a organización foi acusada de actuar como un cártel, e moitas aeroliñas de baixo custe no son membros de pleno dereito da IATA. As autoridades sobre competencia da [[Unión Europea]] atópanse na actualidade investigando á IATA. No ano [[2005]], Neelie Kroes, a comisaria europea de competencia, realizou unha proposta para suprimir a excepción para consultar prezos. En xullo do [[2006]] o Departamento de Transporte dos Estados Unidos tamén propuxeron a retirada da inmunidade anti-monopolio. A IATA aliouse coa empresa de telecomunicacións SITA para unha solución de billetaxe electrónico.
 
== Ligazóns externas ==